
CANTERA · 1 ABRIL 2025
ANTÍA VEIGA XA ESTÁ CONCENTRADA NA CIUDAD DEL FÚTBOL COA SELECCIÓN ESPAÑOLA SUB-16
Antía Veiga (na foto co dorsal 35) xa está concentrada coa selección española sub-16 na Ciudad del Fútbol da localidade madrileña de Las Rozas.A gardameta deportivista realiza entre onte luns e até mañá mércores 2 de abril un total de 3 sesións de adestramento co combinado nacional.Antía Veiga disputou un total de 9 partidos esta temporada co Deportivo ABANCA B que marcha de líder no grupo 1º de Tercera Federación.A canteirá branquiazul tamén participou o pasado ano 2024 en dous amigables coa sub-17 ante Inglaterra en Alfaz del Pi.Antía Veiga adestrouse esta pasada pretemporada co primeiro equipo e chegou a debutar no amigable ante o Real Oviedo Femenino disputado o pasado 21 de agosto de 2024 en Abegondo.

Un Fabril "intentando ser esixente" pecha a temporada este do...

As billeteiras do Palacio dos Deportes de Riazor abren este d...

O Dépor ABANCA arrinca o último mes de liga este domingo 3 de...

LISTADO DE PARTICIPANTES NA GRADA SOLIDARIA DO DÉPOR ABANCA -...

Massimo Adalberto Benassi: "Imos aceptar sempre o erro do árb...

Antonio Hidalgo fala dun ambiente en ABANCA-RIAZOR "de tolos,...