RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Antía Veiga xa está en oitavos de final do Mundial sub-17

CANTERA · 25 OUTUBRO 2025

ANTÍA VEIGA XA ESTÁ EN OITAVOS DE FINAL DO MUNDIAL SUB-17

Antía Veiga, con España sub-17, concluíu a fase de grupos do Campionato do Mundo da categoría este sábado 25 de outubro ante Costa de Marfil.As españolas venceron por 0-3 e pecharon esta primeira parte do torneo de maneira impecable: 3 vitorias en 3 partidos, 9 puntos de 9 posibles, con 12 goles a favor e 0 en contra.A canteirá deportivista seguiu o partido desde o banco e non chegou a saltar ao terreo de xogo; do mesmo xeito que sucedeu nos dous choques anteriores.O rival en oitavos de final será Francia, 2ª clasificada do grupo D, o mércores 29 de outubro ás 16:30 (hora galega) no complexo Football Academy Mohammed VI en Sale.As francesas venceron a Samoa (4-2) e Nixeria (0-1); e caeron ante Canadá (2-1) na Primera Fase.O encontro será retransmitido en directo a través de Teledeporte.O calendario de España sub-17, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:Primera FaseDomingo 19 de outubroESPAÑA 4 - COLOMBIA 0Mércores 22 de outubroESPAÑA 5 - REPÚBLICA DE COREA 0Sábado 25 de outubroCOSTA DE MARFIL 0 - ESPAÑA 3Oitavos de finalMércores 29 de outubro15:30 (hora local, 16:30 en Galicia): ESPAÑA - FRANCIAAntía Veiga leva até a data 3 partidos xogados como titular no Deportivo ABANCA B de Segunda Federación.