
DÉPOR · 19 OUTUBRO 2025
ANTONIO HIDALGO: "HAI QUE ESTAR COA CABEZA FRÍA. ISTO É LARGUÍSIMO"
Antonio Hidalgo manifestou na sala de prensa de El Sardinero que "hai que estar coa cabeza fría. Isto é larguísimo".Pide após a segunda derrota consecutiva "saír desta xeira na que podemos estar agora, pensar no que temos que mellorar, nesa fiabilidade".O técnico deportivista admite que "temos que seguir axustando cousas. En cada partido creamos moitas ocasións de gol e facer só 1 hoxe (por onte) quizais non é o máis xusto".Cre que "houbo momentos nos que o Racing empuxou moitísimo, meteunos no noso campo e aí seguro que non estamos a gusto porque non eramos capaces de saír en ningún momento".Antonio Hidalgo apunta que co gol recibido no desconto da primeira metade e co do principio da segunda "cústache un pouco máis. Pero hai que mirar cara a adiante. Isto é fútbol. Hai que competir sempre e iso o equipo fíxoo. Empuxamos até o final e hai que seguir".Concluíu que "Jokin (Ezkieta) estivo incrible e deulles esa vitoria".

Un Fabril "intentando ser esixente" pecha a temporada este do...

As billeteiras do Palacio dos Deportes de Riazor abren este d...

O Dépor ABANCA arrinca o último mes de liga este domingo 3 de...

LISTADO DE PARTICIPANTES NA GRADA SOLIDARIA DO DÉPOR ABANCA -...

Massimo Adalberto Benassi: "Imos aceptar sempre o erro do árb...

Antonio Hidalgo fala dun ambiente en ABANCA-RIAZOR "de tolos,...