
DÉPOR · 14 SETEMBRO 2026
ANTONIO HIDALGO INSISTE EN QUE "SUMAR É IMPORTANTÍSIMO"
Antonio Hidalgo manifestou na sala de prensa do Coliseum que marcha de Getafe «coa sensación de ter sufrido moitísimo, porque é o que nos vai pasar durante todo o ano, con equipos de moitísimo nivel que teñen diferentes rexistros».Así mesmo, ten «esa sensación de que, especialmente na segunda parte, fomos quen de xerar un bo volume de ocasións. A partir da pausa de hidratación, Quagliata tivo 2, Mario Soriano, Luismi nada máis comezar (a segunda metade), Bil, Zaca cun remate de cabeza... Tivemos ocasións suficientes para poder levar o partido».Iso si, finalmente valora o punto porque «sumar é importantísimo».Preguntado por Yeremay, que asistiu a Aubameyang no gol do empate, sostén que «tivo unha evolución moi grande. Tivo unha pretemporada diferente á do resto, con moi pouco volume. Pouco a pouco vaise atopando. É un xogador diferencial que nos vai ter que dar moitísimo durante o ano. Está moi motivado. Estou moi contento con el, especialmente polo seu traballo sen balón. Co balón dános moitísimo neses un contra un, neses desmarques, co talento que ten. Pouco a pouco iremos vendo un Yeremay mellor».Finalmente, sobre Aubameyang, que marcou por 5ª xornada consecutiva, sostén que «é un espectáculo. Eu quedo con pequenos detalles. O talento non o imos descubrir agora. Ten unha traxectoria. No minuto 92 fai un regreso brutal e iso fala do compromiso e da humildade que ten. Para nós é un espello e seguiremos empurrándoo para que manteña este nivel».

Ximo Navarro: "Non miramos moito a clasificación. É moi cedo....

Os Nosos adéstranse este luns 14 no Dépor Training Center nad...

Marisa García e Ainoa Gómez participaron na vitoria fronte á ...

Resultados de ANOSACANTEIRA feminina; este domingo con derrot...

Resultados en ANOSACANTEIRA, este domingo 13 con vitorias do ...

O Fabril dobrega en ABANCA-RIAZOR á SD Ponferradina, «un dos ...