
DÉPOR · 29 NOVEMBRO 2025
ANTONIO HIDALGO: "OS RAPACES ESTÁN A CRER NUNHA IDEA QUE LLES MANDAMOS DESDE O CORPO TÉCNICO"
Antonio Hidalgo manifestou na sala de prensa do Estadio Carlos Belmonte que "fixemos un gran partido a nivel xeral. Cando te pos por diante o equipo rival sempre acaba pondo todo no campo. Soubemos sufrir".Subliña que "unha cousa que fixemos hoxe foi sentenciar o partido, cousa que o outro día (ante o AD Ceuta FC) co man a man (de Yeremay) non puidemos facelo. Estou contento pola vitoria, polo traballo dos xogadores e a seguir".O técnico deportivista, despois de 5 vitorias consecutivas en liga e 6 contando o partido de Copa del Rey, quere "dar valor ao que facemos. Dá igual cando sumes os puntos, trátase de conseguir o obxectivo. Estamos dentro do obxectivo que nos marcamos a principio de ano, con esa gran humildade de que queda moito por diante, queda moito polo camiño".Antonio Hidalgo está "moi contento polos rapaces porque están a crer nunha idea que lles mandamos desde o corpo técnico. E con esa humildade que require a liga, que é moi longa e moi competitiva".

Un Fabril "intentando ser esixente" pecha a temporada este do...

As billeteiras do Palacio dos Deportes de Riazor abren este d...

O Dépor ABANCA arrinca o último mes de liga este domingo 3 de...

LISTADO DE PARTICIPANTES NA GRADA SOLIDARIA DO DÉPOR ABANCA -...

Massimo Adalberto Benassi: "Imos aceptar sempre o erro do árb...

Antonio Hidalgo fala dun ambiente en ABANCA-RIAZOR "de tolos,...