
DÉPOR ABANCA · 18 ABRIL 2026
AS NOSAS ADÉSTRANSE DE NOVO O LUNS 20 DE ABRIL ÁS 10:45 NO DÉPOR TRAINING CENTER
As Nosas gozan dunha fin de semana de descanso nesta segunda semana de parón ligueiro.Despois do amigable deste pasado venres 17 de abril en Portugal ante o FC Porto, resolto con empate a 3 goles, non haberá actividade este sábado 18 e o domingo 19 de abril.Fran Alonso citou de novo aos seus futbolistas o luns 20 de abril no Dépor Training Center para un adestramento que arrincará ás 10:45 horas.A próxima cita en Liga F para o Dépor ABANCA será o domingo 26 de abril ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR ante o Alhama CF, en partido correspondente á 26ª xornada en Liga F.

O Dépor Genuine participa en Burgos na terceira fase de LaLig...

Tarde de ilusión e sentimento deportivista na Dépor Escola Fe...

Cita para o Orzán SD Xuvenil en Santa Comba e honras para o O...

Vitorias este venres 29 en Torrelavega e Valladolid para arra...

Fran Alonso, na súa última rolda de prensa: "Grazas A Coruña,...

Antonio Hidalgo: "Explicáranme o que era A Coruña, pero calqu...