
CANTERA · 16 ABRIL 2026
CALENDARIO DE ANOSACANTEIRA FEMININA, CON VISITA DO DÉPOR ABANCA B Á SD EIBAR B O DOMINGO 19 DE ABRIL ÁS 12:00
O partido do Dépor ABANCA B ante a SD Eibar B, o domingo 19 de abril ás 12:00 na cidade deportiva eibarresa, é o partido máis destacado en ANOSACANTEIRA feminina.Os resultados da pasada xornada, coa goleada ao Atlético Villalonga FF, deixaron ás Nosas en 11ª posición con 25 puntos.Pola súa banda, a SD Eibar B, que a pasada fin de semana caeu con As Celtas (3-0), é 6º con 40 puntos.No partido da primeira volta disputado no Dépor Training Center venceron as vascas por 0-4.Serán baixa Lucía Rivas e Redru, concentradas coa selección española sub-19 na Rolda 2 de clasificación para o Campionato de Europa.Completan a xornada do domingo 19 o partido do Orzán SD Sub-21 ante a SD O Val na Torre (18:00) e o do Orzán SD Xuvenil ante o EFF Rosalía (12:15) en San Pedro de Visma (campo 1).Para o sábado 18 quedan os partidos das cadetes e infantís.Ás 18:00 o Orzán SD Cadete recibe ao CD Narón en San Pedro de Visma e o Orzán SD Infantil A a As Celtas na Fase polo Título.Finalmente o Orzán SD Infantil B mídese no campo de A Tasca ao ED Xuventú Aguiño ás 11:30 na Fase Plata da Liga Galega.O calendario de partidos é o seguinte:Segunda Federación25ª xornada: SD EIBAR B - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 19 de abril ás 12:00 na Cidade Deportiva Eibar - AreitioClasificación: ... 6. SD Eibar B, 40 puntos... 10. Madrid CFF B, 27 puntos; 11. Deportivo ABANCA B, 25 puntos; 12. Olímpico de León, 21 puntos...Tercera Federación21ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 - SD O VAL, o domingo 19 de abril ás 18:00 na Torre (campo 2)Clasificación: ... 7. EFM Concello de Boiro, 25 puntos; 8. Orzán SD Sub-21, 24 puntos; 9. Tomiño FC Femenino, 22 puntos; 10. SD O Val, 13 puntos...Primera Autonómica25ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL - EFF ROSALÍA, o domingo 19 de abril ás 12:15 en San Pedro de Visma (campo 1)Clasificación: ... 2. EFF Rosalía, 56 puntos... 11. Xallas FC e UD Carral, 24 puntos; 13. Orzán SD Xuvenil, 19 puntos; 14. SCD Pastoriza, 13 puntos...Liga Galega cadete23ª xornada: ORZÁN SD CADETE - CD NARÓN, o sábado 18 de abril ás 18:00 en San Pedro de Visma (campo 1)Clasificación: 1. Victoria CF, 58 puntos; 2. Orzán SD Cadete, 53 puntos; 3. SCD Milagrosa, 51 puntos... 10. CD Narón, 21 puntos...Liga Galega infantilFase polo Título, 3ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A - AS CELTAS, o sábado 18 de abril ás 18:00 na Torre (campo 1)Fase prata, 3ª xornada: SD XUVENTÚ AGUIÑO - ORZÁN SD INFANTIL B, o sábado 18 de abril ás 11:30 en A Tasca - Aguiño

Espe Pizarro conclúe a Conmebol Liga de Naciones este martes ...

Inês Pereira visita este martes 9 de xuño Finlandia no torneo...

Paula Novo, talento do Dépor Training Center con futuro branq...

Adrià Altimira vestirá de branquiazul ata 2029

Resultados dun intenso fin de semana de torneos en ANOSACANTE...

A gran familia dos DéporCampus pasa por Bertamiráns por décim...