
CANTERA · 14 MAIO 2026
CALENDARIO DE ANOSACANTEIRA QUE ARRINCA ESTE VENRES 15 NO DÉPOR TRAINING CENTER CO INFANTIL - SAN TIRSO SD INFANTIL DA DIVISIÓN DE HONRA
Un partido adiántase á fin de semana en ANOSACANTEIRA.Este venres 15 de maio ás 18:00 no Dépor Training Center o Infantil (na foto principal da noticia) e o San Tirso SD Infantil (na foto inferior) poñen o punto e final á División de Honor. Ambos equipos cumpriron os seus obxectivos: título para os branquiazuis e zona media-alta para “os verdes”.O sábado 16 destaca o partido do Cadete na última xornada da División de Honor, ás 12:00 no campo Arsenio Iglesias ante o UD Santa Mariña.Os branquiazuis chegan na primeira posición con 2 puntos de vantaxe sobre o RC Celta e co golaverage gañado cos célticos en caso de empate a puntos.Así pois, sumar un punto ante o UD Santa Mariña é suficiente para que o Cadete se proclame campión de liga.Ademais, no campo Salvador Otero da Illa de Arousa o Alevín A e o Benxamín A disputan as semifinais do Campionato Galego de fútbol 8 ante o Pabellón Promesas (12:30) e o RC Celta (11:30) respectivamente.Completa a xornada do sábado 16 o último partido de liga do San Tirso SD Cadete, ás 16:00 en O Monte ante o CD Lugo. Os “verdes” completaron unha brillante tempada cun gran terceiro posto, só superados por Dépor e RC Celta.Para o domingo 17 de maio queda a despedida do Xuvenil B, ás 10:45 no Dépor Training Center ante o Alondras CF. Os branquiazuis son xa subcampións da Liga Nacional desde hai varias xornadas.Pola súa banda, o Alevín conclúe en Lugo ante o ADC A Piringalla (11:00) o grupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11. Os deportivistas buscan certificar a primeira praza e xogar a final do torneo contra o campión do grupo sur, o RC Celta.Finalmente, ese mesmo domingo 17 o Benxamín A compite no Torneo Oroso de fútbol 8 en Sigüeiro mentres que o Fabril FC Benjamín faino no Trofeo Frigohogar no campo de Berdón, en Vilagarcía.ANOSACANTEIRA celebra ademais a convocatoria de Mauro Valeiro para disputar o campionato de Europa sub-17 en Estonia.O centrocampista do Xuvenil A concéntrase este venres 15 de maio na localidade alacantina de Alfaz del Pi antes de desprazarse ao país báltico.O calendario de partidos é o seguinte:Categoría xuvenil34ª xornada (última): JUVENIL B - ALONDRAS CF, o domingo 17 de maio ás 10:45 no Dépor Training CenterClasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 92 puntos; 2. Juvenil B, 78 puntos; 3. Ural Español CF, 68 puntos... 16. Alondras CF, 22 puntos...Categoría cadete30ª xornada (última): CADETE - UD SANTA MARIÑA, o sábado 16 de maio ás 12:00 no campo Arsenio Iglesias30ª xornada (última): SAN TIRSO SD CADETE - CD LUGO, o sábado 16 de maio ás 16:00 en O MonteClasificación da División de Honor: 1. Cadete, 78 puntos; 2. RC Celta, 76 puntos; 3. San Tirso SD Cadete, 50 puntos; 4. Arosa SC, 44 puntos; 5. CD Lugo, 42 puntos... 16. UD Santa Mariña, 28 puntosCategoría infantil30ª xornada: INFANTIL - SAN TIRSO SD INFANTIL, o venres 15 de maio ás 18:00 no Dépor Training CenterClasificación da División de Honor: 1. Infantil (xa campión), 82 puntos; 2. ED Val Miñor Nigrán, 69 puntos... 6. CD Conxo Santiago, 45 puntos; 7. San Tirso SD Infantil, 43 puntos; 8. AJ Lérez, 41 puntos...Categoría alevín13ª xornada (última): ADC A PIRINGALLA - ALEVÍN, o domingo 17 de maio ás 11:00 no Municipal Rodríguez Lago 2Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11: 1. Alevín, 36 puntos, 2. CD Lugo, 33 puntos... 12. ADC A Piringalla, 3 puntos...Fase Final do Campionato Galego de fútbol 8, no campo Salvador Otero (A Illa de Arousa)Sábado 16 de maioSemifinais12:30: ALEVÍN A - PABELLÓN PROMESAS (campo 1)Categoría benxamínSemifinais11:30: BENXAMÍN A - RC CELTATorneo Oroso, no campo Lino Balado (Sigüeiro, Oroso)Domingo 17 de maioPrimera Fase10:00: BENXAMÍN A - ED XUVENTUDE DE OROSO12:00: BENXAMIN A - UD SANTA MARIÑA14:20: BENXAMÍN A - PRAIÑA SPORTING CLUBEn función da clasificación os equipos pasarán á fase final3er Torneo Frigohogar, no campo de Berdón (Vilagarcía)Domingo 17 de maioPrimera Fase10:15: FABRIL FC BENXAMÍN - EF SILLEDA13:35: FABRIL FC BENXAMÍN - UMIA CF16:45: FABRIL FC BENXAMÍN - CALDAS CF18:25: FABRIL FC BENXAMÍN - SALGUEIRIÑOS CFEn función da clasificación, os equipos pasan a unha Fase Final


Rodrigue Dipanda sumouse este xoves a un cadro do Dépor que "...

Antía Veiga, convertida nun pilar da selección española sub-1...

Paula Gutiérrez: "Podemos escalar posicións e o equipo está c...

Nsongo Bil insiste tras recoller o Premio Estrella en "tentar...

O Dépor acelera a preparación do partido ante o FC Andorra ap...

O RC Deportivo activa a prerreserva de entradas para a visita...