
DÉPOR · 13 MAIO 2026
NSONGO BIL INSISTE TRAS RECOLLER O PREMIO ESTRELLA EN "TENTAR GAÑAR PRIMEIRO AO FC ANDORRA E LOGO PENSAMOS NOS SEGUINTES"
Nsongo Bil manifestou na sala de prensa do Dépor Training Center, despois de recoller o Premio Estrella Galicia ao mellor xogador do Deportivo no mes de abril, que se sente "ben" cos seus compañeiros do primeiro equipo e desvela que "quero o ano que vén gozar con eles".O dianteiro fabrilista cualificou de "boa noticia" contar con Yeremay este domingo 17 de maio ás 14:00 (LaLiga TV Hypermotion) ante o FC Andorra en ABANCA-RIAZOR: "Estou contento porque pode xogar este partido".Asegura que no vestiario "estamos concentrados para gañar todos os partidos. Grazas a ANOSAFORZA estamos preparados".Iso si, insiste en "tentar gañar primeiro ao FC Andorra e logo pensamos nos seguintes".Finalmente Nsongo Bil vaticina ante os andorranos "un partido difícil", lembra que na primeira volta "perdemos alí pero agora xogamos en ABANCA-RIAZOR e temos a ANOSAFORZA ao noso lado".

Aberto o prazo de solicitude de entradas para o partido ante ...

Nace 'Falas Dépor', un foro do 13 ao 15 de novembro para conv...

Pierre-Emerick Aubameyang comezou este martes 27 a facer algu...

A viaxe do RC Deportivo Business Club ao Riyadh Air Metropoli...

Alberto Rodríguez móstrase tras o triunfo ante o Deportivo Al...

Adestramento en grupos este luns 26 de outubro para Os Nosos ...