
DÉPOR · 13 MAIO 2026
O DÉPOR ACELERA A PREPARACIÓN DO PARTIDO ANTE O FC ANDORRA APOIADO NA PROFUNDIDADE DE CADRO
O Dépor acelera a preparación do partido deste domingo 17 de maio ás 14:00 (LaLiga TV Hypermotion) en ABANCA-RIAZOR ante o FC Andorra, correspondente á 40ª xornada en LaLiga Hypermotion.E faino apoiado na profundidade do seu cadro. Os datos así o avalan.Con 15 puntos, Os Nosos son o equipo da categoría con maior impacto competitivo directo desde o banco. Non en volume, xa que é o 5º en goles de suplentes, pero lidera en relevancia.É dicir, os goles que chegan desde o banco non son para ampliar vantaxes, son para cambiar a dinámica do marcador.En segunda posición marchan o CD Castellón e o Córdoba CF, ambos con 14 puntos despois de 18 e 13 goles respectivamente.

Antonio Hidalgo dispuxo unha activación, un xogo de posición con porterías pequenas, unha tarefa táctica e series de partidos en espazo reducido, de alta intensidade.Durante a sesión, o equipo recibiu a noticia da resolución do Comité de Disciplina, que estimou as alegacións formuladas polo RC Deportivo, que deixa sen efectos disciplinarios a amonestación que Yeremay viu no JP Financial Estadio de Cádiz, así como todas as consecuencias derivadas da mesma.En consecuencia, o canteirán tamén está á disposición de Antonio Hidalgo este domingo 17 de maio.Bil, Noé e o gardameta Álex Marqués foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Este xoves 14 de maio Os Nosos adéstranse de novo no Dépor Training Center a partir das 10:30.


Espe Pizarro conclúe a Conmebol Liga de Naciones este martes ...

Inês Pereira visita este martes 9 de xuño Finlandia no torneo...

Paula Novo, talento do Dépor Training Center con futuro branq...

Adrià Altimira vestirá de branquiazul ata 2029

Resultados dun intenso fin de semana de torneos en ANOSACANTE...

A gran familia dos DéporCampus pasa por Bertamiráns por décim...