
DÉPOR · 13 MAIO 2026
NSONGO BIL E PAULA GUTIÉRREZ RECIBIRON O PREMIO ESTRELLA GALICIA AO MELLOR XOGADOR DO MES DE ABRIL
Nsongo Bil (Youndé, Camerún, 21 de setembro de 2004) e Paula Gutiérrez Caballero (Viladecans, Barcelona, 2 de marzo de 2001), esta por segunda vez, recolleron este mércores 13 de maio na sala de prensa do Dépor Training Center, de mans de Gustavo Galván, promotor de Estrella Galicia, o premio ao xogador Estrella Galicia do mes de abril polas súas actuacións nos partidos de liga ante o Málaga CF, SD Huesca, CD Mirandés e Burgos CF no caso de Nsongo Bil; e Atlético de Madrid e Alhama CF no caso de Paula Gutiérrez.A terna de finalistas elixidos polos medios de comunicación que cobren a diario a información dos dous equipos blanquiazules foi a formada por Nsongo Bil, Mario Soriano e Adrià Altimira no caso do Dépor; e Paula Gutiérrez, Olaya Rodríguez e Bárbara Latorre no caso do Dépor ABANCA.

Nas votacións finais a cargo de #ANOSAFORZA a través das redes sociais do Club, Nsongo Bil foi o elixido no primeiro equipo masculino co 55,5% dos votos da afección, por diante do 33,1% de Mario Soriano e do 11,5% de Altimira. No apartado feminino, Paula Gutiérrez impúxose co 49,3% por 30,7% de Olaya e 20% de Bárbara.Ambas futbolistas deron as grazas a Estrella Galicia e á afección por este recoñecemento. "Moitas grazas a Estrella Galicia e á xente que vota por este premio", apuntou Paula Gutiérrez. "Grazas a Estrella Galicia e á xente. Doulle as grazas ao equipo porque é un premio de todos", afirmou Nsongo Bil.


Espe Pizarro conclúe a Conmebol Liga de Naciones este martes ...

Inês Pereira visita este martes 9 de xuño Finlandia no torneo...

Paula Novo, talento do Dépor Training Center con futuro branq...

Adrià Altimira vestirá de branquiazul ata 2029

Resultados dun intenso fin de semana de torneos en ANOSACANTE...

A gran familia dos DéporCampus pasa por Bertamiráns por décim...