RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O RC Deportivo visita o Papa León XIV no Vaticano con motivo do 120 aniversario do Club

DÉPOR · 13 MAIO 2026

O RC DEPORTIVO VISITA O PAPA LEÓN XIV NO VATICANO CON MOTIVO DO 120 ANIVERSARIO DO CLUB

O RC Deportivo viviu este mércores unha xornada histórica no Vaticano con motivo da visita institucional realizada ao Papa León XIV dentro dos actos de celebración do 120 aniversario da entidade.A expedición blanquiazul estivo encabezada polo conselleiro delegado do Club, Massimo Adalberto Benassi; acompañado polo sacerdote ourensán Yeray Fariñas e representantes do Dépor, Dépor ABANCA e RC Deportivo Fundación.O encontro tivo lugar na Praza de San Pedro, onde a representación deportivista puido saudar ao Santo Pai nun ambiente de grande proximidade e simbolismo para a historia do Club.Durante o acto, Massimo Adalberto Benassi fixo entrega ao Pontífice dunha figura da Virxe do Rosario, patroa de A Coruña, así como dunha camiseta do RC Deportivo personalizada..Esta acción intégrase dentro do programa de iniciativas impulsadas polo RC Deportivo con motivo do seu 120 aniversario, unha efeméride que o Club está a celebrar poñendo en valor a súa historia, os seus símbolos e o seu vencello social e institucional.