
DÉPOR ABANCA · 13 MAIO 2026
PAULA GUTIÉRREZ: "PODEMOS ESCALAR POSICIÓNS E O EQUIPO ESTÁ CENTRADO NISO"
Paula Gutiérrez admitiu na sala de prensa do Dépor Training Center que «xa non nos xogamos nada pero podemos escalar posicións e o equipo está centrado niso».Gañadora do Premio Estrella á mellor xogadora do Dépor ABANCA no mes de abril, asegura que o equipo afronta os 2 últimos partidos de Liga F «coas mesmas ganas de sempre. Adestramos cada día para que, cando chegue o partido da fin de semana, poidamos gañar eses 3 puntos. Estamos con moitas ganas neste treito final».A centrocampista blanquiazul defende que «a futbolista cando sae xogar quere competir e gañar. Hai que centrarnos niso. A ninguén lle gusta perder. Todas somos moi competitivas, entón sempre estamos motivadas para tentar sacar os 3 puntos».Finalmente, Paula Gutiérrez anima «a todo o mundo a que veña a ese último partido en ABANCA-RIAZOR (o mércores 27 de maio ás 21:00 horas ante o RCD Espanyol) porque vai haber ese factor emocional. Todas as que estamos, sigamos ou non sigamos, merecemos despedirnos ben; e tamén para pechar unha tempada de todos os partidos en ABANCA-RIAZOR».

Espe Pizarro conclúe a Conmebol Liga de Naciones este martes ...

Inês Pereira visita este martes 9 de xuño Finlandia no torneo...

Paula Novo, talento do Dépor Training Center con futuro branq...

Adrià Altimira vestirá de branquiazul ata 2029

Resultados dun intenso fin de semana de torneos en ANOSACANTE...

A gran familia dos DéporCampus pasa por Bertamiráns por décim...