
DÉPOR ABANCA B · 13 MAIO 2026
ANTÍA VEIGA, CONVERTIDA NUN PILAR DA SELECCIÓN ESPAÑOLA SUB-17, XÓGASE ESTE XOVES 14 DE MAIO O PASE Á FINAL DO EUROPEO ANTE ALEMAÑA
A selección española sub-17, con Antía Veiga titular indiscutible na portería, enfróntase este xoves 14 de maio a Alemaña na semifinal do Campionato de Europa da categoría.O encontro disputarase no National Football Stadium at Windsor Park de Belfast (Irlanda do Norte) e arrancará ás 19:00 (hora galega, 18:00 hora local).As alemás remataron campioas do seu grupo con 6 puntos tras derrotar a Noruega (1-3) e Inglaterra (1-0); e caer ante Irlanda del Norte (0-1).Pola súa banda, España quedou en 2ª posición do seu grupo tamén con 6 puntos tras Francia, líder con 9 puntos.A canteirá deportivista foi titular nos 3 partidos da primeira fase, saldados con vitorias ante Polonia (1-4) e Finlandia (4-0), e derrota ante Francia (1-0).Precisamente ante as francesas Antía Veiga protagonizou unha das xogadas do campionato cando, no tempo de desconto, realizou unha das paradas do torneo ante Adedini nun man a man que mantivo con vida a España no partido xa que tería suposto o 2-0.Na xogada seguinte, a colexiada eslovena Tjaša Misja non sinalou como penalti unha clara man dunha defensora de Francia na área pequena, nun remate de Candela que ía claramente a portería.O calendario de partidos de Antía Veiga, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Primera FaseMartes 5 de maioESPAÑA 4 - FINLANDIA 0Venres 8 de maioFRANCIA 1 - ESPAÑA 0Luns 11 de maioPOLONIA 1 - ESPAÑA 4SemifinaisXoves 14 de maio18:00 (hora local, 19:00 en Galicia): ESPAÑA - ALEMAÑA, no National Football Stadium at Windsor Park (Belfast)Antía Veiga participou con este combinado nacional na Ronda 1 e Ronda 2 de clasificación para o Campionato de Europa.En outubro, a gardameta do Dépor ABANCA B formou parte da selección española no Mundial de Marrocos, no que España caeu nos oitavos de final derrotada por Francia na quenda de penaltis.

Espe Pizarro conclúe a Conmebol Liga de Naciones este martes ...

Inês Pereira visita este martes 9 de xuño Finlandia no torneo...

Paula Novo, talento do Dépor Training Center con futuro branq...

Adrià Altimira vestirá de branquiazul ata 2029

Resultados dun intenso fin de semana de torneos en ANOSACANTE...

A gran familia dos DéporCampus pasa por Bertamiráns por décim...