
CANTERA · 7 MAIO 2025
CALENDARIO DE PARTIDOS EN ANOSACANTEIRA, CO FABRIL O DOMINGO EN ABANCA-RIAZOR E O XUVENIL A O SÁBADO EN TENERIFE
O calendario de partidos desta semana en ANOSACANTEIRA abriuno hoxe mércores o Alevín, que venceu ao Atlético Arteixo por 0-10 en Ponte dos Brozos no grupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.A falta dunha xornada para o final, os branquiazuis mandan na táboa con 28 puntos por 26 do CD Lugo, 2º clasificado. O Victoria CF, rival do Alevín este domingo 11 de maio ás 9:30 en Elviña Pequeno, é 3º con 25 puntos.O campión deste grupo disputará a final nas Eiroas contra o campión do grupo sur.En canto ao resto de categorías, a fin de semana está marcado por dous partidos.O sábado 10, o Xuvenil A mídese ao CD Tenerife no partido de ida dos cuartos de final da Copa de Campións ás 13:00 (hora peninsular, 12:00 en Canarias) na Cidade Deportiva do CD Tenerife.A volta será o domingo 18 de maio ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR.Ambos os partidos poderanse ver en directo na .O CD Tenerife accedeu a esta Copa de Campións como 2º mellor clasificado dos 7 grupos da División de Honra; mentres que o Dépor como o campión do grupo 1º.O vencedor desta eliminatoria clasificarase para a Final Four que se xogará en Ponferrada do 26 de maio ao 1 de xuño.E o domingo 11, o Fabril recibe ao UCAM Murcia no partido de ida da primeira eliminatoria do play off de ascenso a Primera Federación ás 19:00 en ABANCA-RIAZOR ().O partido de volta xogarase o sábado 17 de maio ás 19:00 no Estadio BeSoccer La Condomina.O filial, que entrou como 4º clasificado do grupo 1º nesta fase de ascenso, quedou emparellado pois co 3º do grupo 4º. Por esta circunstancia, o primeiro partido xógase na Coruña.Xa está activado o protocolo de apertura con rexistro de asistentes de ABANCA-RIAZOR para o partido.Poden retirar a súa invitación (gratuíta e obrigatoria) e outra a maiores de acompañante, en principio para Tribuna Inferior, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web , na que deberán introducir a súa IDE de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.Tamén está habilitado simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.Á marxe destes dous partidos, o sábado 10 o Xuvenil B enfróntase en Ponte dos Brozos ao Atlético Arteixo (12:30), o San Tirso SD Cadete en Cotogrande (Vigo) ao UD Santa Mariña (12:30), o Infantil en Salceda de Caselas ao Escola de Fútbol DSF (17:00) e o San Tirso SD Infantil no Monte ao Racing de Ferrol (12:00).Completa a xornada do domingo o encontro na Cidade Deportiva entre o Cadete e o Pabellón Ourense CF correspondente á 30ª xornada na División de Honra.Teñen descanso o Fabril FC Alevín e os dous equipos benxamíns, ambos os pendentes da súa participación na Fase Intermedia do Campionato Galego de fútbol 8.O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguintePlay off de ascenso a Primera FederaciónPrimera eliminatoria, ida: FABRIL - UCAM MURCIA, o domingo 11 de maio ás 19:00 en ABANCA-RIAZORCategoría xuvenilCopa de Campións, cuartos de final, ida: CD TENERIFE - XUVENIL A, o sábado 10 de maio ás 13:00 (hora galega) na Cidade Deportiva do CD Tenerife31ª xornada: ATLÉTICO ARTEIXO - XUVENIL B, o sábado 10 de maio ás 12:30 en Ponte dos BrozosClasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 76 puntos; 2. Xuvenil B, 74 puntos; 3. Racing de Ferrol, 64 puntos... 9. Atlético Arteixo, 39 puntos...Categoría cadete30ª xornada: CADETE - PABELLÓN OURENSE CF, o domingo 11 de maio ás 11:30 en Abegondo30ª xornada: UD SANTA MARIÑA - SAN TIRSO SD CADETE, o sábado 10 de maio ás 12:30 en Cotogrande (Vigo)Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 85 puntos; 2. Cadete, 80 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán, 57 puntos; 4. Arosa SC, 55 puntos; 5. San Tirso SD Cadete, 53 puntos; 6. SD Compostela, 52 puntos; 7. Pabellón Ourense CF, 48 puntos... 13. UD Santa Mariña, 36 puntos...Categoría infantil27ª xornada: ESCOLA DE FÚTBOL DSF - INFANTIL, o sábado 10 de maio ás 17:00 no campo Penedo Redondo (Salceda de Caselas)27ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - RACING DE FERROL, o sábado 10 de maio ás 12:00 no MonteClasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 73 puntos, 2. Infantil, 70 puntos; 3. Pabellón Ourense CF, 58 puntos; 4. Racing de Ferrol, 55 puntos; 5. ED Val Miñor Nigrán, 51 puntos; 6. San Tirso SD Infantil, 39 puntos; 7. AJ Lérez, 38 puntos; 8. CD Lugo, 37 puntos... 13. Escola de Fútbol DSF, 20 puntos...Categoría alevín9ª xornada: ATLÉTICO ARTEIXO 0 - ALEVÍN 10 (Lucas Albor, Álvaro Silva, Hugo Álvarez, Alejandro Astray -2-, Miguel Candal -4- e Mateo Cortizas)11ª xornada (última): VICTORIA CF - ALEVÍN, o domingo 11 de maio ás 9:30 en Elviña PequenoClasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, grupo norte: 1. Alevín, 28 puntos; 2. CD Lugo, 26 puntos; 3. Victoria CF, 25 puntos...

Diego Villares renova polo Dépor ata 2028

Monforte súmase aos DéporCampus por décimo ano

Empate de Uruguai, con Espe Pizarro no once inicial, ante Ven...

O Deportivo reforza o seu proxecto en Primera División con Ol...

Inês Pereira, a pesar de caer en Finlandia, ascende con Portu...

Damián Canedo seguirá de branquiazul até 2028