
DÉPOR · 10 XUÑO 2026
DIEGO VILLARES RENOVA POLO DÉPOR ATA 2028
O RC Deportivo e Diego Villares Yáñez (Vilalba, 17 de xuño de 1996) continuarán unidos ata xuño de 2028, ampliando unha relación construída sobre o traballo, o compromiso e unha profunda identificación cos valores do deportivismo.A historia de ‘Villi’ como blanquiazul comezou na temporada 2018-19, cando se incorporou ao Fabril procedente do Racing Villalbés. Desde entón, o seu crecemento foi constante ata converterse nunha das figuras máis representativas do Club.A súa chegada ao primeiro equipo produciuse no mercado de inverno da campaña 2020-21, nun dos momentos máis complexos da historia recente deportivista. Co Dépor en Primera RFEF, Villares asumiu o reto coa mesma entrega que amosara desde a súa chegada a Abegondo.Desde entón foi protagonista dunha etapa de reconstrución e crecemento que culminou co regreso do Deportivo á Primera División. Neste percorrido, consolidouse como un referente dentro e fóra do terreo de xogo.As súas cifras reflicten a súa importancia: 203 partidos oficiais, 15 goles e 7 asistencias. Pero a súa achega vai máis alá dos números. Villares representa o esforzo, a humildade e o compromiso que marcaron o camiño do equipo durante os últimos anos.A súa renovación ata 2028 simboliza tamén a continuidade dunha identidade. A dun futbolista que chegou desde ANOSACANTEIRA, abriu camiño co traballo diario e se converteu nun dos grandes emblemas do vestiario branquiazul.Hai xogadores que pasan polos clubs e outros que medran con eles ata formar parte da súa historia. Diego Villares pertence a este último grupo.

O RC Deportivo habilita unha opción online para a renovación...

Primeiro día de Jonathan Asp Jensen no Dépor, con dobre sesió...

Teun Gijselhart, na súa presentación, fala do Dépor como "un ...

Os dous primeiros partidos do Dépor en LaLiga EA Sports, ante...

O RC Deportivo presenta a súa segunda equipación para a tempo...

O xuvenil deportivista Nico Balbas xogará con Honduras sub-20...