
DÉPOR ABANCA · 10 XUÑO 2026
EMPATE DE URUGUAI, CON ESPE PIZARRO NO ONCE INICIAL, ANTE VENEZUELA EN MONTEVIDEO
Esperanza Pizarro estivo concentrada estes días con Uruguay para os dous últimos partidos da Conmebol Liga de Naciones.Os rivais da dianteira deportivista foron Colombia e Venezuela.A última cita para a futbolista do Dépor ABANCA neste torneo clasificatorio xogouse este martes 9 de xuño (madrugada do 10 en Galicia) ante Venezuela no Estadio Centenario de Montevideo.Uruguay empatou (1-1) e Espe Pizarro estivo no once inicial.Con este resultado, a 'Celeste' finalizou o torneo con 6 puntos na 8ª posición.O primeiro partido de Uruguay celebrouse o pasado venres 5 de xuño, madrugada do sábado 6 en Galicia, ante a selección colombiana no Estadio Olímpico Pascual Guerrero de Cali.A futbolista branquiazul tamén xogou completo un choque que gañou 1-0 Colombia, un equipo potente que con este resultado se clasificou directamente para o próximo Mundial.Os resultados de Espe Pizarro nesta xanela FIFA foron os seguintes:Venres 5 de xuñoCOLOMBIA 1 - URUGUAY 0Martes 9 de xuñoURUGUAY 1 - VENEZUELA 1Espe Pizarro, que acaba de renovar o seu contrato ata xuño de 2028, sumou na súa primeira temporada no Dépor ABANCA 19 partidos, 17 deles como titular, con 6 goles anotados.

O RC Deportivo habilita unha opción online para a renovación...

Primeiro día de Jonathan Asp Jensen no Dépor, con dobre sesió...

Teun Gijselhart, na súa presentación, fala do Dépor como "un ...

Os dous primeiros partidos do Dépor en LaLiga EA Sports, ante...

O RC Deportivo presenta a súa segunda equipación para a tempo...

O xuvenil deportivista Nico Balbas xogará con Honduras sub-20...