RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Charlie Patiño: "Todos os xogadores somos necesarios no equipo, todos somos importantes"

DÉPOR · 10 SETEMBRO 2025

CHARLIE PATIÑO: "TODOS OS XOGADORES SOMOS NECESARIOS NO EQUIPO, TODOS SOMOS IMPORTANTES"

Charlie Patiño pasouse pola sala de prensa de Abegondo.O mediocentro deportivista afirma que se está atopando "moi ben. Estou moi contento. O míster é moi bo, estou contento con el. Empezamos a temporada moi ben pero necesitamos traballar para lograr máis".Asegura que a súa relación con Antonio Hidalgo é "boa. Todos os xogadores somos necesarios no equipo, todos somos importantes".Explica que lle gusta xogar de 8, "que podo correr máis adiante e dar asistencias, meter goles" pero tamén de 6 porque "me gusta coller a pelota, pases entre liñas..."Patiño advirte que a única intención do Dépor en Vitoria é a de conseguir os 3 puntos e destacou ante o Sporting de Gijón o ambiente de ABANCA-RIAZOR: "Apóiannos, empúxannos moi ben. Co gol nos últimos minutos estamos todos contentos e seguimos para máis".Confesa que durante este pasado verán en Inglaterra pensou "na temporada pasada. Traballei moito física e mentalmente; e volvín máis forte e mellor. Quería estar preparado para esta nova temporada. Cando cheguei ao Dépor sempre dixen que quería xogar para #ANOSAFORZA, para os seguidores. Agora estou preparado".Finalmente o centrocampista branquiazul recalca que a temporada pasada "moitos xogadores axudáronme no ximnasio, no campo... Doulle as grazas a todos. Sinto mellor, máis forte. E vou continuar así".