
FUNDACIÓN · 13 XULLO 2026
CUARTA SEMANA DO DÉPORCAMPUS; CON ACTIVIDADE NO DÉPOR TRAINING CENTER, BERTAMIRÁNS, BOIRO, VILALBA E SILLEDA
Os DéporCampus continúan a súa actividade estival co inicio da 4ª semana dunha nova edición que segue achegando o fútbol e os valores do RC Deportivo a centos de nenos e nenas.Nesta ocasión, as sedes do campus serán o Dépor Training Center, Bertamiráns, Boiro, Vilalba e Silleda, onde preto de 400 participantes gozarán dunha experiencia que combina aprendizaxe, diversión e convivencia.Ao longo da semana, os nenos e nenas participan en sesións de adestramento adaptadas á súa idade, actividades lúdicas e diferentes propostas deseñadas para fomentar valores como o compañeirismo, o respecto, o esforzo e o traballo en equipo, sinais de identidade do RC Deportivo.Como nas semanas anteriores, os DéporCampus volverán converterse nun punto de encontro para os máis novos, que terán a oportunidade de vivir unha experiencia única vencellada ao deportivismo nun ambiente de formación, deporte e diversión.Así, os participantes realizan:-Circuitos coordinativos.-Xogos de relación con balón.-Habilidade con balón.-Desafíos técnicos.-Xogos de posición.-Partidos reducidos ou minipartidos.-Xogo real cunha liga interna.Os obxectivos marcados son os seguintes:-Aprender e desenvolver a coordinación a través de xogos coordinativos.-Aprender as habilidades e conceptos na relación co corpo.-Aprender as habilidades e conceptos na relación co balón.-Traballar os fundamentos técnico-tácticos cunha metodoloxía analítica.-Competir e gozar mediante partidos en diferentes espazos.-Transmitir os valores que representa o Dépor: RESPETO, SOLIDARIDAD, AMISTAD, JUEGO LIMPIO, INTEGRACIÓN, ESFUERZO Y FELICIDAD.

Últimas horas para apuntarse en Zas, Cuntis e o colexio Santa María del MarEste martes 14 de xullo ás 14:00 conclúe o prazo para apuntarse en Zas e en Cuntis; mentres que tamén seguen abertas as sedes de Cedeira e Marín.Así mesmo, a RC Deportivo Fundación abriu un prazo excepcional ata este xoves 16 de xullo ás 14:00 para o Colexio Santa María del Mar, dada a alta demanda.Toda a información sobre cada sede, cada quenda, horarios e demais preguntas frecuentes atópase premendo aquí, onde se pode realizar todo o proceso de inscrición e contacto, que tamén se pode establecer a través de [email protected].CalendarioA 5ª semana, do 20 ao 24 de xullo, o campus chegará a Zas, Cuntis e o colexio Santa María del Mar.Finalmente, na 6ª semana, do 27 ao 31 de xullo, as actividades desenvolveranse en Cedeira e Marín.As novidades nas sedes do Dépor Training Center, en funcionamento as 6 semanas, e o Colexio Santa María del Mar este ano 2026 é que contan con servizo de madrugadores.

El Fabril enfrontarase ao Real Madrid Castilla no campo de Ca...

Jonathan Asp Jensen, novo xogador do Dépor

O Dépor ABANCA inicia a pretemporada coas probas médicas e fí...

En marcha a segunda semana de pretemporada do Dépor

Segunda semana de pretemporada para Os Nosos e primeiro amiga...

Lucía Pardo, talento ofensivo para o Dépor ABANCA