RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
En marcha a segunda semana de pretemporada do Dépor

DÉPOR · 13 XULLO 2026

EN MARCHA A SEGUNDA SEMANA DE PRETEMPORADA DO DÉPOR

O Dépor regresou este luns 13 de xullo ao traballo no Dépor Training Center para iniciar a segunda semana de preparación de cara á temporada 2026-27, despois da xornada de descanso deste domingo 12 de xullo.A sesión, dirixida por Antonio Hidalgo, desenvolveuse entre os campos 2 e 3 da cidade deportiva branquiazul e contou coa presenza case da práctica totalidade do cadro.Só estiveron á marxe David Mella, Loureiro e Yeremay, que continuaron cos seus respectivos plans específicos de adestramento no seu proceso de posta a punto.

luismi0713.jpg

O adestramento comezou cunha activación e uns rondos antes de dar paso a un exercicio de posición.Posteriormente, os futbolistas completaron un partido no campo 2 nunha sesión marcada pola intensidade e o ritmo de traballo.O técnico deportivista contou coa participación dos canteiráns Bil Nsongo, Noé Carrillo, Kevin Sánchez, Samu Fernández e o xuvenil Xabi Campos.

PlanSemanaldepor.jpg

A preparación continuará este martes 14 de xullo cunha nova xornada de dobre sesión no Dépor Training Center, con adestramentos programados para as 10:30 e as 17:30 horas.

  • soriano0713.jpg
  • quagliata0713.jpg
  • bil0713.jpg
  • leoroman0713.jpg
  • deportivo20713.jpg