
DÉPOR ABANCA · 12 XULLO 2026
LUCÍA PARDO, TALENTO OFENSIVO PARA O DÉPOR ABANCA
A atacante Lucía Pardo Méndez (Outeiro de Rei, Lugo, 5 de enero de 2000), coñecida deportivamente como Lucía Pardo, convértese en nova xogadora do Dépor ABANCA tras asinar un contrato que a vincula co club ata xuño de 2028.Internacional coa selección española en todas as categorías inferiores, Lucía Pardo tamén forma parte da historia do fútbol feminino español ao converterse, en setembro de 2022, na primeira goleadora da era do fútbol profesional feminino.Chega procedente da Real Sociedad, onde militou durante as temporadas 2024-25 e 2025-26. No conxunto donostiarra disputou 53 partidos de Liga F e anotou 12 goles, sendo unha peza importante na excelente campaña do equipo a pasada temporada, que rematou na terceira posición do campionato, só por detrás do FC Barcelona e do Real Madrid CF.A súa traxectoria na máxima categoría comezou na temporada 2021-22 co Madrid CFF. Durante a súa etapa no conxunto madrileño disputou 60 encontros oficiais, 53 en Liga F e 7 en Primera Federación, nos que asinou 8 goles e repartiu 9 asistencias.Formada nas categorías inferiores do SCD Milagrosa e o PM Friol, a futbolista lucense acumula xa 115 partidos na máxima categoría do fútbol español, cun balance de 20 goles, cifras que avalan a súa capacidade ofensiva e a súa experiencia malia a súa xuventude.Coa súa incorporación, o Dépor ABANCA suma talento, desequilibrio e gol para afrontar unha nova temporada na elite do fútbol español.

O Benxamín A visita este mércores 21 ao Santa María del Mar n...

O RC Deportivo presenta Samaín Branquiazul, unha visita guiad...

O Dépor prepara a visita ao Atlético de Madrid consciente da ...

Os abonados e abonadas xa poden adquirir a súa invitación obr...

Semana de dobre reto para As Nosas ante o Deportivo Alavés es...

El Fabril recibirá ao Barakaldo CF o sábado 14 de novembro ás...