
DÉPOR ABANCA · 13 XULLO 2026
O DÉPOR ABANCA INICIA A PRETEMPORADA COAS PROBAS MÉDICAS E FÍSICAS ANTES DO PRIMEIRO ADESTRAMENTO, FIXADO PARA O MÉRCORES 15 DE XULLO ÁS 10:45
O Dépor ABANCA deu este luns 13 de xullo o pistoletazo de saída á pretemporada 2026-27 coa primeira xornada de traballo, dedicada ás habituais valoracións médicas e físicas previas ao inicio dos adestramentos sobre a herba.A actividade comezou ás 8:30 horas, cando as futbolistas branquiazuis iniciaron as valoracións físicas no Dépor Training Center, que concluirán este martes 14, mentres que outra parte do cadro desprazouse á Maternidade HM Belén da Coruña para completar os correspondentes exames médicos.

As probas realizadas incluíron, principalmente, un electrocardiograma e unha analítica completa, co obxectivo de avaliar o estado de saúde das xogadoras antes do comezo da preparación estival.Con esta primeira toma de contacto, o Dépor ABANCA pon en marcha unha nova pretemporada na que o equipo comezará a preparar o regreso á competición oficial baixo a supervisión do corpo técnico e dos servizos médicos do Club.

Catro sesións de traballo matinais esta semanaNesta primeira semana o técnico Alberto Rodríguez dispuxo de 4 sesións de traballo matinais no Dépor Training Center.Ademais, o mércores 15 haberá probas no ximnasio a partir das 16:00 horas.A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:Mércores 15 de xullo10:45 e 16:00 (por grupos)Xoves 16 de xullo10:45Venres 17 de xullo10:45 h.Sábado 18 de xullo10:45 h.Domingo 19 de xulloDescanso

Tres campioas de Europa sub-19 no cadroO Dépor ABANCA, que pode presumir de contar nas súas filas con 3 campioas de Europa sub-19 (Lucía Rivas, Redru e Ainoa Gómez), conta ata a data cos reforzos de Carla Castiñeyras e Paula Hernández, ambas con licenza do Dépor ABANCA B; ademais de Lucía Pardo, Ainoa Gómez, Andrea Tarazona, Daniela Caracas, Vega Montesinos, Eva Alonso e Marisa García.A elas hai que sumar as renovacións de Lucía Rivas, Paula Redruello, Merle Barth, Paula Novo e Espe Pizarro.

Un amigable xa confirmado, o Trofeo Teresa HerreraO primeiro amigable confirmado da presente pretempada será fronte ao FC Porto luso na presente edición do Trofeo Teresa Herrera.O encontro disputarase no Estadio ABANCA-RIAZOR o 13 de agosto a partir das 17:00.As Nosas posúen 5 'Torres' ademais de 1 conquistada polo Deportivo ABANCA B na edición de 2020.

O Sevilla FC, primeiro rival en ligaO Sevilla FC será o primeiro rival do Deportivo ABANCA na Liga F 2026-27.O encontro está fixado para o 29 ou 30 de agosto no Estadio Jesús Navas da cidade deportiva sevillista.Unha semana máis tarde, o 6 de setembro, As Nosas reciben en ABANCA-RIAZOR ao UD Costa Adeje Tenerife.O último partido do ano 2026 para as deportivistas será o 13 de decembro na casa ante o DUX Logroño.Finalmente, o Dépor ABANCA conclúe a Liga F o 30 de maio de 2026 en ABANCA-RIAZOR ante o FC Barcelona.


Cuarta semana do DéporCampus; con actividade no Dépor Trainin...

El Fabril enfrontarase ao Real Madrid Castilla no campo de Ca...

Jonathan Asp Jensen, novo xogador do Dépor

En marcha a segunda semana de pretemporada do Dépor

Segunda semana de pretemporada para Os Nosos e primeiro amiga...

Lucía Pardo, talento ofensivo para o Dépor ABANCA