
DÉPOR · 17 SETEMBRO 2025
DANI BARCIA PIDE ANTE A SD HUESCA "TRANQUILIDADE E CONFIANZA. VAI CHEGAR O NOSO MOMENTO E VANNOS A CHEGAR AS OCASIÓNS"
Dani Barcia manifestou na sala de prensa de Abegondo que após o triunfo da pasada fin de semana en Mendizorrotza ante o CD Mirandés "estamos moi contentos pero temos que seguir nesta liña, seguir traballando. Só van 5 xornadas e hai que seguir nesta liña, traballando todos para conseguir os 3 puntos cada fin de semana".Neste sentido pide "ir cada partido. Só levamos 5 xornadas. Quedan aínda moitas semanas. Temos que traballar cada fin de semana, estudar aos nosos rivais e dar o mellor de nós para tentar conseguir os 3 puntos".Ante a SD Huesca este venres 19 de setembro ás 20:30 en ABANCA-RIAZOR recomenda "tranquilidade e confianza. Vai chegar o noso momento e vannos a chegar as ocasións. Co que temos arriba, co que estamos a traballar e coa ambición que estamos a ter imos conseguir os 3 puntos; pero temos que estar xuntos, unidos porque vai ser un partido moi difícil".Recalca que esta temporada "a forma de traballar é distinta, fixemos bastantes fichaxes e os adestramentos son diferentes. Iso veunos ben. Cada un complementa aos seus compañeiros. Estamos a facer un bo traballo cada semana e hai que seguir así".O futbolista coruñés tamén di que "temos un gran cadro e vese en cada adestramento a competitividade que hai. Non me gustaría estar na pel do míster. Iso tócao a el. Eu teño que facer o meu, facer o posible para poder xogar".De Antonio Hidaldo opina precisamente que "é intenso. Nós temos que facer o que nos pida para que nos saian ben os partidos".A nivel individual, e titular no once de Antonio Hidalgo, asegura que "tento facelo o mellor posible para facer un bo ano; e axudar ao equipo, se é no campo ben e se non tamén".Finalmente o central deportivista afirma que a súa relación no campo con Loureiro, o seu compañeiro no centro da zaga, é boa: "Somos case familia. Con el lévome moi ben. Por tipo de xogo nos compenetramos moi ben. É un bo xogador, xa se viu na SD Huesca. E estanos dando moito". "As nosas avoas eran primas ou algo así. E xa o ano pasado cruzámonos varias veces na nosa aldea. Non tiñamos tanta relación como até agora pero é moi boa persoa e como xogador máis", engade.

O Dépor ABANCA Cadete e o Dépor ABANCA Infantil disputan este...

O Alevín A tamén se clasificou para a final do Trofeo Mini Te...

Fin da primeira semana do DéporCampus 2026 coa entrega de dip...

A RC Deportivo Fundación organiza unha recollida solidaria de...

Íker Vidal continuará no Fabril até 2027

O Alevín A, o Benxamín A e o Fabril FC Alevín brillan na gala...