
DÉPOR · 2 DECEMBRO 2025
DANIEL BACHMANN ENTRA NA RECTA FINAL DA SÚA RECUPERACIÓN E XA FAI TAREFAS CO GRUPO
O porteiro deportivista Daniel Bachmann entrou na recta final da recuperación da súa lesión de xeonllo.Así o internacional austriaco xa fai exercicios co resto dos seus compañeiros, por exemplo este martes no campo 3 do Dépor Training Center unha tarefa de finalizacións.Será a súa evolución nos próximos días os que determinen o seu regreso ás convocatorias de Antonio Hidalgo.Tamén seguen con adestramento adaptado Ximo Navarro, Escudero e Luismi Cruz.Antonio Hidalgo e os seus futbolistas pasaron páxina do triunfo da pasada fin de semana en Albacete, cuxos mellores momentos podes ver baixo estas liñas; e céntranse xa na visita na segunda eliminatoria da Copa del Rey ao CE Sabadell FC deste xoves 4 de decembro ás 19:00 (TVG).
Germán Parreño, despois de recoller o seu segundo premio Estrella Galicia ao xogador do mes desde a súa chegada ao Dépor, asegurou ante os medios de comunicación que "estamos moi centrados no día a día, moi ocupados analizando rivais e moi concentrados no traballo diario".Ademais da citada tarefa de disparos a portería, o corpo técnico dispuxo un exercicio táctico e un ensaio do plan de partido, neste caso no campo 2.Hugo Ríos, Samu, Damián Canedo, Quique Teijo, Fabi, Bil e Íker Vidal foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Este mércores 3 de decembro Os Nosos adestraranse ás 16:00 no Dépor Training Center para, ao concluír, viaxar a Barcelona nun avión que despegará do Aeroporto da Coruña ás 19:00 horas.


Stoichkov salienta o "ambiente espectacular" no vestiario e L...

Antonio Hidalgo: "O máis importante foi ter pausa"

Os Nosos pernoitan en Cádiz e regresan este sábado ao mediodí...

O Dépor vence ao Cádiz CF "cun partido moi completo" e mantén...

Antía Veiga, de novo no once inicial de España, non puido con...

O RC Deportivo convoca o I Foro Social do Club