RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
David Mella, citado pola selección española sub-20 para unha concentración antes do Mundial de Chile

DÉPOR · 28 AGOSTO 2025

DAVID MELLA, CITADO POLA SELECCIÓN ESPAÑOLA SUB-20 PARA UNHA CONCENTRACIÓN ANTES DO MUNDIAL DE CHILE

David Mella Boullón (Santiago de Compostela, 23 de maio de 2005) foi convocado pola selección española sub-20 para unha concentración que terá lugar este mes de setembro en Francia.Esta concentración servirá para preparar o próximo Campionato do Mundo da categoría que se xogará en Chile do 27 de setembro ao 19 de outubro.O canteirán deportivista concentrarase ao concluír o partido do Dépor en Leganés este luns 1 de setembro ás 21:30 en Butarque.Durante esta fase están previstos dous amigables ante Francia en Clairefontaine, habitual sede de concentración dos diferentes equipos nacionais galos.O calendario de partidos de David Mella nesta convocatoria é o seguinte:Xoves 4 de setembro16:00: FRANCIA - ESPAÑADomingo 7 de setembro11:00: FRANCIA - ESPAÑAAsí pois, David Mella será baixa segura para o partido ante o Sporting de Gijón en ABANCA-RIAZOR previsto para o sábado 6 de setembro ás 16:15 horas.