
DÉPOR · 2 AGOSTO 2026
O DÉPOR AFRONTA DESDE ESTE LUNS 3 DE AGOSTO CONCENTRADO EN ITALIA A SEMANA MÁIS ESIXENTE DA PRETEMPORADA, CON DOUS RIVAIS DA SERIE A
O Dépor inicia este luns 3 de agosto a fase máis intensa da súa preparación estival cunha concentración en Coverciano, sede do Centro Técnico da Federación Italiana de Fútbol, onde permanecerá até o venres 7 de agosto.Despois do amigable do pasado sábado en Hamburgo ante o FC St Pauli, cuxos mellores momentos podes ver ao pé destas liñas, o conxunto dirixido por Antonio Hidalgo completará un total de 6 sesións de adestramento nunhas instalacións de primeiro nivel, co obxectivo de seguir avanzando na preparación física e técnico-táctica do equipo.
A concentración incluirá ademais dous esixentes compromisos amigables fronte a equipos da Serie A italiana. Os Nosos mediránse á ACF Fiorentina e ao Genoa CFC, dúas probas de alto nivel que permitirán ao corpo técnico avaliar a evolución do grupo ante rivais de máxima esixencia.Esta estadía en Italia suporá unha oportunidade para reforzar a convivencia do vestiario e consolidar as bases do Dépor 2026-27, antes do regreso á Coruña e de afrontar o treito final da pretemporada coa vista posta no inicio da competición oficial.A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:Luns 3 de agosto10:00 h.Martes 4 de agosto10:00 h. e 18:00 h.Mércores 5 de agosto10:00 h.Xoves 6 de agosto10:00 h.20:00: ACF Fiorentina - Deportivo, no Stadio Curva Fiesole, na cidade deportiva da ACF FiorentinaVenres 7 de agosto10:00Sábado 8 de agosto20:45: Genoa CFC - Deportivo, no Stadio Luigi Ferraris de Genova

Resultados dos amigables deste mércores 19 de agosto en ANOSA...

O DéporCampus segue medrando: Macedonia tamén se tingue de br...

Realizado o sorteo de asignación de entradas visitantes para ...

O proxecto 'One Team, No Limits' comparte unha xornada de inc...

O Dépor comeza este xoves 20 de agosto a preparar a visita ao...

Prezo unificado para as afeccións visitantes nos partidos de ...