RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Xuvenil B mídese este venres 7 ao Sporting Meicende na antesala dun sábado 8 co Fabril en Astorga e o Xuvenil A no Dépor Training Center

CANTERA · 6 AGOSTO 2026

O XUVENIL B MÍDESE ESTE VENRES 7 AO SPORTING MEICENDE NA ANTESALA DUN SÁBADO 8 CO FABRIL EN ASTORGA E O XUVENIL A NO DÉPOR TRAINING CENTER

ANOSACANTEIRA está inmersa nunha semana de pretemporada cargada de amigables para o Fabril, Xuvenil A e Xuvenil B.Ademais, arrancaron os adestramentos de pretemporada dos dous equipos cadetes da División de Honra.O próximo test ten como protagonista o Xuvenil B (na foto principal da nova), este venres 7 de agosto co Sporting Meicende.O choque arrancará ás 20:00 no propio campo de Meicende.Xa o sábado 8 o Fabril mídese ao FC Astorga de Segunda Federación no campo de La Eragudina.Este mércores 5 o filial caeu pola mínima (0-1) contra o Real Madrid Castilla no Estadio Cantarrana de Viveiro.Decidiu o encontro un tanto de penalti no minuto 90.O outro choque do sábado co que conclúe a fin de semana en ANOSACANTEIRA é do Xuvenil A, no Dépor Training Center ás 19:00 horas.O seu rival será o Pontevedra CF B, que acaba de ascender a Tercera Federación.O calendario de amigables, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Primera FederaciónFABRIL 0 - REAL MADRID CASTILLA 1FC ASTORGA - FABRIL, o sábado 8 de agosto ás 19:30 no campo de La Eragudina (Astorga)Categoría xuvenil(Martes 4): SDC ÓRDENES (Preferente Autonómica) 0 - XUVENIL A 3 (Nico Giovanni, Miguel de Labra e Trillo)XUVENIL A - PONTEVEDRA CF B (Tercera Federación), o sábado 8 de agosto ás 19:00 no Dépor Training Center (campo de herba sintética)(Martes 4): XUVENIL B 3 (Álvaro, Daniel e Asier) - SPORTING CORUÑÉS (Primera Futgal) 2SPORTING MEICENDE (Primera Futgal) - XUVENIL B, o venres 7 de agosto ás 20:00 en Meicende