RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Giacomo Quagliata ve "un equipo novo pero con calidade" e pide ir "semana a semana, non pensar moito no futuro"

DÉPOR · 5 AGOSTO 2026

GIACOMO QUAGLIATA VE "UN EQUIPO NOVO PERO CON CALIDADE" E PIDE IR "SEMANA A SEMANA, NON PENSAR MOITO NO FUTURO"

Giacomo Quagliata atendeu aos medios de comunicación no Centro Técnico da Federación Italiana de Fútbol, cuartel xeral do Dépor en Florencia.O lateral deportivista cre que a chegada de futbolistas como Aubameyang, Amatucci... fai que "o nivel sexa alto. Como a temporada pasada temos que pensar semana a semana, non pensar moito no futuro. Hai que centrarse no presente e no partido da semana".Por outra banda, ante 3 rivais de alto nivel (ACF Fiorentina, Genoa CFC e Real Madrid CF) para pechar a pretemporada, afirma que "temos un cadro moi longo e seguramente que o míster ten que cambiar todos os partidos para que ante o Elche CF esteamos o mellor posible".Advirte que LaLiga EA Sports "é un dos campionatos máis importantes de Europa e do mundo. Hai equipos top como o FC Barcelona ou o Real Madrid. Seguramente vai ser fod... pero co entusiasmo da temporada pasada que nos pode axudar. Todos os equipos son moi bos. Cada semana temos que traballar moito para estar ao nivel".Quagliata apunta que "somos un equipo novo pero de calidade. Temos mozos interesantes que nos axudan moito. A experiencia é importante pero sen medo temos que estar tranquilos e cada semana mellorar, e ser positivos para os partidos".Nesta liña, afirma que o canteirán Xabi Campos, a súa competencia nesta pretemporada no lateral esquerdo, "é un mozo interesante, moi boa persoa. Adéstrase ben e ten unha boa perspectiva".