RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Mario Soriano cre que "o cadro é moito máis amplo, hai moitos máis xogadores. O nivel subiu, e iso é bo para todos"

DÉPOR · 23 SETEMBRO 2026

MARIO SORIANO CRE QUE "O CADRO É MOITO MÁIS AMPLO, HAI MOITOS MÁIS XOGADORES. O NIVEL SUBIU, E ISO É BO PARA TODOS"

Mario Soriano manifestou este mércores 23 de setembro na sala de prensa do Dépor Training Center que a súa valoración deste inicio de liga do Dépor é "positiva. Temos bos puntos. Conseguimos moitos puntos ata o de agora. Oxalá que todo siga deste xeito e seguir sumando puntos".Confesa que esperaba comezar a competición "da mellor maneira posible e así foi. Tivemos eses partidos nos que parecía que perdiamos puntos, pero sempre estivemos metidos nos partidos. É importante intentar conseguilos en todos os partidos. Hai que valorar cada punto nesta categoría, que sabemos que é moi complicada. Agora toca descansar e á volta seguir sumando".Debutante en Primera División, como moitos outros dos seus compañeiros de vestiario, apunta que "nos primeiros partidos hai esa incerteza de como van ser os partidos. Sabiamos que o ritmo ía ser máis alto, que todo se ía decidir por máis detalles. Se en Segunda era así, en Primera aínda máis".Destaca o mediocentro deportivista que "os xogadores son doutro nivel, son moito mellores. Para iso están as categorías. Os que debutamos estamos demostrando que podemos xogar nesta categoría. Oxalá siga todo igual e mellor".Finalmente, a nivel persoal, Mario Soriano asegura sentirse "ben. O cadro de xogadores é moito máis amplo, hai moitos máis xogadores. O nivel subiu, e iso é bo para todos. Hai rotacións. É o bo de ter un equipo máis amplo. O míster decide cambiar uns ou outros e xa está".

Real Club Deportivo de A Coruña