
DÉPOR · 23 SETEMBRO 2026
O DÉPOR E O FC PORTO DISPUTARÁN UN AMIGABLE EN ABANCA-RIAZOR O VENRES 2 DE OUTUBRO ÁS 19:00 HORAS
O Deportivo e o FC Porto aproveitarán este parón de seleccións para enfrontarse nun encontro amigable en ABANCA-RIAZOR.O partido está fixado para o venres 2 de outubro ás 19:00 horas.Os abonados e abonadas do RC Deportivo poden acceder ao encontro co seu abono de temporada.As entradas para o público pódense adquirir en calquera momento premendo nesta ligazón.Os prezos das localidades serán a partir de 10 euros, sempre suxeitos a cambios segundo a dispoñibilidade.Os/as Deportivistas e Deportivistas + teñen un 10% de desconto na compra de entradas.Ademais, xa está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos no caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR nesta ligazón.O do FC Porto será o segundo amigable do Dépor nestes días sen liga, posto que este venres 25 de setembro Os Nosos visitarán o FC Penafiel no Estadio 25 de abril ás 20:00 (hora galega, 19:00 hora local), nun choque retransmitido en directo pola canle oficial de YouTube do RC Deportivo.

Mario Soriano cre que "o cadro é moito máis amplo, hai moitos...

Parte médico de Pierre-Emerick Aubameyang

O Dépor retoma os adestramentos sen fútbol ligueiro pero "coa...

Marisa García e Ainoa Gómez xóganse este mércores 23 ante Ita...

O RCD Espanyol, no horizonte dunha nova semana de competición...

A Fundación do RC Deportivo colabora coa Carrera de la Mujer ...