RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor retoma os adestramentos sen fútbol ligueiro pero "coa dinámica de todas as semanas" e co amigable ante o FC Penafiel como obxectivo

DÉPOR · 23 SETEMBRO 2026

O DÉPOR RETOMA OS ADESTRAMENTOS SEN FÚTBOL LIGUEIRO PERO "COA DINÁMICA DE TODAS AS SEMANAS" E CO AMIGABLE ANTE O FC PENAFIEL COMO OBXECTIVO

Finalizado o primeiro tramo do calendario co partido ante o Real Betis do pasado domingo en ABANCA-RIAZOR, cuxos mellores momentos podes ver entre o texto, o Dépor iniciou este mércores 23 de setembro a primeira das dúas semanas de parón polos compromisos das seleccións nacionais."Este parón é longo porque son 2 semanas sen liga. É certo que imos xogar o venres e a semana que vén non sei se haberá outro amigable para manter o ritmo, coa dinámica de todas as semanas, para que os xogadores con menos minutos ou que non tiveron pretemporada ou non a completaron sigan collendo ese ritmo", apuntou Mario Soriano este mércores na sala de prensa.Precisamente, o encontro ante os andaluces deixa boas sensacións, referendadas tamén polos datos.Na segunda parte, o equipo rexistrou 21 remates, 5 deles a portería, 9 fóra e 7 bloqueados. É o rexistro máis alto nunha parte dun partido do Dépor en Primera esta temporada e converte o equipo no único de LaLiga 2026-27 que alcanzou os 20 remates nunha mesma metade.O dato adquire aínda máis dimensión ao ampliar a perspectiva. Desde o inicio da temporada 2024-25, só Real Madrid e Barcelona superaran os 20 remates nunha parte sen que houbese expulsións: o Madrid chegou aos 26 ante o Mallorca e o Barça, aos 24 tamén ante o Mallorca.Nestas 3 últimas temporadas, unicamente estes tres clubs chegaron a 20 ou máis remates nunha metade en igualdade numérica.Hai un último dato especialmente significativo: 18 dos 21 remates do Dépor chegaron desde dentro da área. É o rexistro máis alto acadado por calquera equipo nunha metade de Primera desde o inicio da temporada 2024-25, nunha análise que abrangue 829 partidos e tamén contempla situacións de superioridade numérica.O seguinte rexistro pertence ao FC Barcelona, con 16 remates desde dentro da área ante o Mallorca o 22 de abril de 2025.

Real Club Deportivo de A Coruña

Un total de 4 futbolistas pasan estes días sen liga lonxe do Dépor Training Center, concentrados coas súas respectivas seleccións: Nsongo Bil con Camerún, Lucas Noubi con Bélxica sub-21, Bright Ede con Polonia sub-21 e José María Giménez con Uruguai.A maiores, Marc Casadó recupérase da súa lesión na clavícula; mentres que Amatucci e Aubameyang realizaron adestramento personalizado.Precisamente sobre o mediocentro catalán, Mario Soriano comentou que está "ben. Operárono rápido despois do partido. Todo saíu ben, segundo nos comentou o doutor. Logo el dixo que pasara ben a noite, cun pouco de dor. A partir de agora, toca recuperarse e volver canto antes, con tranquilidade e paciencia".O centrocampista madrileño quíxolle mandar "moito ánimo, toda a forza do grupo. Pronto estará de volta axudándonos".Noé, representante de ANOSACANTEIRA, xa fixo a activación co resto do grupo e despois continuou co seu plan específico xunto ao readaptador, Fernando Rodríguez.O corpo técnico, tras a activación, dispuxo un xogo de posición, unha tarefa de finalizacións e fútbol reducido, de alta intensidade.Os Nosos regresan aos adestramentos este xoves 24 de setembro no Dépor Training Center, a partir das 10:30 horas.

  • loureiro0923.jpg
  • adamayzaka0923.jpg
  • yeremay0923.jpg
  • german0923.jpg
  • danibarcia0923.jpg