RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Lucía Pardo: "A importancia que se lle dá ao feminino aquí non se ve en moitos sitios"

DÉPOR ABANCA · 23 SETEMBRO 2026

LUCÍA PARDO: "A IMPORTANCIA QUE SE LLE DÁ AO FEMININO AQUÍ NON SE VE EN MOITOS SITIOS"

Lucía Pardo Méndez (Outeiro de Rei, Lugo, 5 de xaneiro de 2000), coñecida deportivamente como Lucía Pardo, foi presentada como nova xogadora do Deportivo ABANCA até xuño de 2028.Tras posar coa camiseta branquiazul para os medios gráficos no campo Arsenio Iglesias, Kevin Cabado, responsable do Dépor ABANCA, manifestou que «a súa fichaxe ilusionou a todos, ao Club, á masa social»Lembra que é «unha xogadora galega, referente, que oxalá levase aquí moitos anos, pero por fin conseguimos que estea aquí. Vainos achegar moita experiencia malia os seus 26 anos».Kevin Cabado destaca a súa «gran traxectoria na Liga F, tanto no Madrid CFF como na Real Sociedad. Xa fixo historia marcando o primeiro gol da competición cando se profesionalizou. Sufrímola na súa etapa no PM Friol. Demostrou o seu talento nestas xornadas; achegounos moitísimo; e demostrou que, malia toda a experiencia, o traballo é innegociable. Co balón todos coñeciamos o seu talento, pero sen balón está a deixarse a pel en cada partido».

luciapardoykevin0923.jpg

Pola súa banda, Lucía Pardo confesou que a negociación "foi bastante doada. Xa levaba bastantes anos fóra da casa. Son unha persoa moi familiar e iso estábame empezando a pesar moito".Insiste en que "cando se me presentou o proxecto non tiven ningunha dúbida de que era aquí. A ambición, as ganas de medrar do Dépor, a importancia que se lle dá aquí ao feminino non se ve en moitos sitios. Ademais das instalacións, das condicións, de volver á casa, de volver a Galicia, todo iso pesou moito na decisión".A atacante deportivista deulle as grazas ao staff e ás súas compañeiras pola aclimatación, xa que "mo puxeron todo moi doado. Iso vese no campo. Vese que fluímos, que hai un gran grupo. Xa sabiamos que había grandes xogadoras, pero tamén hai un gran grupo humano, que é o que nos vai dar todos eses resultados e nos vai facer máis grandes".

luciapardo.jpg

Admite que o cadro de xogadoras "é moi novo. Iso motiva. É un rol (de líder) que antes non tivera que asumir. Aquí se cadra hai que apertar un pouco máis nese aspecto e axudar ás compañeiras máis novas ou con menos experiencia na liga. Pero sen presión, con toda a paciencia e a calma, porque vemos que o traballo está a dar os seus froitos".Finalmente, sobre o partido deste domingo 27 de setembro ás 18:00 (Dazn) en ABANCA-RIAZOR ante o RCD Espanyol, Lucía Pardo confesa que "todas temos moitísimas ganas, e máis despois do último partido. É certo que as sensacións xa eran boas de antes, pero o resultado positivo chegou agora. Mereciámolo desde hai tempo por todo o traballo, por todo o que se estaba a ver nos adestramentos. Temos moitísimas ganas de prolongar esta xeira e sumar os primeiros 3 puntos en ABANCA-RIAZOR".

Real Club Deportivo de A Coruña