
DÉPOR · 5 AGOSTO 2026
JOSÉ ÁNGEL ESMORÍS TASENDE, 'ANGELIÑO', NOVO XOGADOR DO RC DEPORTIVO
Hai historias destinadas a atoparse de novo. A de José Ángel Esmorís Tasende, 'Angeliño', e o RC Deportivo é unha delas.O futbolista coruñés (Coristanco, 4 de xaneiro de 1997) regresa ao club no que comezou a darlle forma ao seu soño para converterse en novo xogador branquiazul, cedido até xuño de 2027 con opción de compra.Despois de percorrer algúns dos escenarios máis importantes do fútbol europeo, Angeliño volve á casa. Á cidade e ao escudo cos que deu os seus primeiros pasos tras o ED Luis Calvo Sanz, e aos que sempre sinalou como o equipo dos seus sentimentos.O novo xogador deportivista defendeu as camisetas de clubs da dimensión do Manchester City, PSV Eindhoven, RB Leipzig, Galatasaray e AS Roma, desde onde chega ao RC Deportivo.Con máis dun cento de partidos na Bundesliga, experiencia na Serie A italiana, na Eredivisie e nas grandes competicións continentais, Angeliño aterra na Coruña convertido nun futbolista contrastado.O seu currículo inclúe 101 encontros e 7 goles na Bundesliga, 68 partidos e 4 tantos na Eredivisie, 61 encontros e 2 goles na Serie A, ademais de 29 partidos e 3 goles na UEFA Champions League e 23 encontros e 3 tantos na UEFA Europa League.A esa experiencia internacional súmase o seu percorrido coa selección española, coa que foi internacional nas categorías Sub-17 e Sub-21.Pero máis alá dos números e dos clubs nos que brillou, hai un aspecto que converte esta fichaxe en algo moi especial: o regreso dun deportivista que nunca agochou o seu desexo de vestir algún día a camiseta do primeiro equipo.Agora ese soño compartido faise realidade.O RC Deportivo incorpora un futbolista de primeiro nivel, con experiencia na elite do fútbol europeo, pero tamén recupera un dos seus, un xogador que coñece o significado deste escudo, o sentimento desta afección e a responsabilidade que supón defender estas cores.

Derrota pola mínima e de penalti no minuto 90 do Fabril ante ...

Giacomo Quagliata ve "un equipo novo pero con calidade" e pid...

A ACF Fiorentina, un rival de talla europea que «nos vai axud...

O Dépor ABANCA B afronta o seu primeiro amigable da pretempor...

Vitorias dos xuvenís nos amigables deste martes 4 en ANOSACAN...

Carga táctica pola mañá e balón parado pola tarde este martes...