RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor ABANCA disputa este venres 7 de agosto ás 19:00 ante o Sporting de Gijón o 6º Trofeo Emma Cuervo

DÉPOR ABANCA · 6 AGOSTO 2026

O DÉPOR ABANCA DISPUTA ESTE VENRES 7 DE AGOSTO ÁS 19:00 ANTE O SPORTING DE GIJÓN O 6º TROFEO EMMA CUERVO

O Dépor ABANCA e o Sporting de Gijón, que milita en Segunda Federación, conforman o cartel da 6ª edición do Trofeo Emma Cuervo, que se xogará este venres 7 de agosto ás 19:00 horas no Estadio Pepe Barrera de Ribadeo.As Nosas xa saben o que é levantar o trofeo. Foi na edición do ano 2022 ao derrotar ao Real Oviedo na quenda de penaltis.As entradas, dispoñibles nas billeteiras do Pepe Barrera desde as 17:30, teñen un prezo de 10 euros para os maiores de 15 anos; 5 euros entre os 8 e os 15 anos; e son de balde para os menores de 8 anos.Será o segundo partido de pretemporada tras o empate (0-0) do pasado sábado 1 de agosto en Luarca ante o Athletic Club e servirá para ir asimilando conceptos técnico-tácticos de cara ao primeiro partido de liga, o sábado 29 de agosto ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR ante o Sevilla FC.Neste sentido, Olaya Rodríguez subliñou despois do choque ante o conxunto vasco que de cara ao Emma Cuervo "o rival non nos importa. Estamos centradas en nós mesmas, en mellorar as cousas que houbo esta fin de semana, para que non volvan ocorrer".

caracas0806.jpg

O conxunto de Alberto Rodríguez recibiu esta semana a boa nova da convocatoria de Marisa e de Ainoa Gómez para unha concentración da selección española sub-20 que servirá como preparación do Campionato do Mundo de Polonia.As dúas futbolistas do Dépor ABANCA concentraranse do luns 10 de agosto ao mércores 19 entre a localidade segoviana de Los Ángeles de San Rafael e a Ciudad del Fútbol de Las Rozas en Madrid.Rematado o partido en Ribadeo, o cadro blanquiazul adestrarase de novo o sábado 8 de agosto ás 10:45 no Dépor Training Center.

  • tarazona0806.jpg
  • monteagudo0806.jpg
  • abanca10806.jpg
  • espepizarro0806.jpg
  • abanca20806.jpg