
DÉPOR · 3 XULLO 2026
O RC DEPORTIVO ABRE AS PORTAS DA SÚA NOVA TENDA OFICIAL NA RÚA REAL DA CORUÑA
O RC Deportivo continúa a dar pasos firmes na súa estratexia de crecemento e modernización coa apertura dunha nova tenda oficial na rúa Real nº 69 da Coruña, un novo espazo concibido para ofrecer aos deportivistas unha experiencia de compra renovada e á altura da nova etapa que vive o Club tras o ascenso a Primera División.Con acceso tanto desde a rúa Real como desde a avenida de La Marina, o establecemento conta cunha superficie de 140 metros cadrados e sitúase nun dos enclaves máis emblemáticos e transitados da Coruña, reforzando a presenza do Dépor no corazón da cidade e substituíndo así a antiga tenda situada na mesma rúa.A nova tenda representa a ambición compartida por RC Deportivo, Nike e Fútbol Emotion de seguir impulsando o crecemento da marca Dépor.

Agora, desde un espazo máis amplo, moderno e funcional que permite ofrecer unha mellor experiencia ás persoas afeccionadas e dar maior protagonismo a toda a colección.Con esta apertura, o RC Deportivo amplía a súa rede de tendas oficiais, que xa conta cos establecementos de ABANCA-RIAZOR, renovado o pasado 17 de abril, e Marineda, consolidando a súa presenza en tres puntos estratéxicos da Coruña e achegando aínda máis o Club á súa afección.A inauguración chega, ademais, nun momento especialmente simbólico: no ano do 120 aniversario e apenas un día despois do lanzamento da primeira equipación da temporada 2026-27, presentada este xoves ás 19:06.

Trátase da primeira camiseta da nova etapa xunto a Nike, unha alianza que marca o inicio dun proxecto de crecemento, desenvolvemento e identidade para o RC Deportivo.A apertura desta nova tenda supón un paso máis nese camiño, ofrecendo un espazo que reflicte o momento de transformación e ilusión que vive o Club.Todas as tendas oficiais do Dépor abren este venres 3 de xullo as súas portas desde as 12:00 coa nova colección de Nike para a tempada 2026-27 e a recentemente estreada equipación.

O RC Deportivo executa a cláusula de rescisión do porteiro in...

Eva Alonso, deportivista até 2028

HM Hospitales e o RC Deportivo asinan un acordo de colaboraci...

O RC Deportivo e Nike presentan a primeira equipación para a ...

Boiro non falta á súa cita cos DéporCampus

Daniela Caracas, talento, experiencia e ilusión para reforzar...




