
DÉPOR ABANCA · 3 XULLO 2026
EVA ALONSO, DEPORTIVISTA ATÉ 2028
O Dépor ABANCA incorpora a Eva Alonso González (Madrid, 23 de xullo de 2002), que defenderá a camiseta branquiazul ata xuño de 2028.Centrocampista de gran talento, Eva aterra na Coruña despois de consolidarse como unha das pezas importantes do Levante UD na Liga F.Na pasada temporada disputou 29 partidos e anotou 2 goles, despois de asinar unha estrea notable no conxunto granota na campaña 2024-25, na que participou en 27 encontros e marcou 3 tantos.A pesar da súa mocidade, a súa traxectoria reflicte unha evolución constante. Internacional con España en categorías sub-17, coa que se proclamou campioa do mundo, e sub-19, iniciou a súa carreira no Rayo Vallecano antes de ampliar a súa formación no fútbol universitario estadounidense cos Penn State Nittany Lions, unha experiencia que enriqueciu o seu crecemento tanto dentro como fóra do terreo de xogo.Agora comeza un novo reto como deportivista. Con ambición, compromiso e moitas ganas de seguir medrando, Eva Alonso chega para achegar calidade, traballo e personalidade ao centro do campo dun Dépor ABANCA que mira ao futuro con ilusión.

O RC Deportivo executa a cláusula de rescisión do porteiro in...

O RC Deportivo abre as portas da súa nova tenda oficial na rú...

HM Hospitales e o RC Deportivo asinan un acordo de colaboraci...

O RC Deportivo e Nike presentan a primeira equipación para a ...

Boiro non falta á súa cita cos DéporCampus

Daniela Caracas, talento, experiencia e ilusión para reforzar...