
FUNDACIÓN · 2 XULLO 2026
BOIRO NON FALTA Á SÚA CITA COS DÉPORCAMPUS
Boiro non falla á súa cita anual cos DéporCampus, que este ano chega á súa 9ª edición, en colaboración coas Escolas de Fútbol Municipal de Boiro.Tras o éxito da edición anterior, na que se esgotaron as prazas, este ano aínda queda algunha vacante.O acto de presentación tivo lugar no Concello de Boiro; e asistiron: Marcos Fajardo, concelleiro de deportes de Boiro; Jose Enrique Maneiro, presidente da Escola de Fútbol Municipal de Boiro; e Sergio Maurente Brañas, coordinador dos DéporCampus.A actividade desenvolverase do luns 13 ao venres 17 de xullo en horario de 10:00 a 14:00.Está dirixida a nenos e nenas entre 6 e 14 anos (nados entre 2020 e 2012, ambos incluídos) con independencia do seu nivel de práctica ou experiencia.Os adestradores e adestradoras da canteira do RC Deportivo levarán a Boiro a metodoloxía de adestramento que os equipos de ANOSACANTEIRA realizan no Dépor Training Center.As inscricións, abertas ata o martes 7 de xullo ás 14:00 ou ata esgotar as prazas, e máis información neste enlace.

Daniela Caracas, talento, experiencia e ilusión para reforzar...

A solidariedade deportivista voa cara a Venezuela

Dépor e SD Compostela vense as caras o sábado 18 de xullo no ...

Lucía Rivas e Redru debutan no Europeo sub-19 na goleada por ...

Ximo Navarro seguirá no Dépor ata xuño de 2027

O Dépor viaxará a Hamburgo para medirse o 1 de agosto ao FC S...