
DÉPOR ABANCA · 1 XULLO 2026
LUCÍA RIVAS E REDRU DEBUTAN NO EUROPEO SUB-19 NA GOLEADA POR 4-0 DE ESPAÑA A ISLANDIA
Foto:@rfef.es
Lucia Rivas (na foto da noticia) e Paula Redruello 'Redru' están concentradas coa selección española sub-19 con motivo da fase final do Campionato de Europa da categoría en Bosnia e Hercegovina.As canteirás tiveron minutos na segunda parte ante Islandia e debutaron así neste europeo.A futbolista galega relevou no minuto 64 a Adriana Folgado e a asturiana, a Ainoa Gómez tras o descanso.O choque foi claramente para as españolas por 4-0.Con este resultado, España suma 4 puntos tras os 2 primeiros partidos por 6 de Austria, último rival nesta primeira fase o sábado 4 de xullo ás 17:00 horas.O calendario de partidos de España, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Domingo 28 de xuñoSUIZA 2 - ESPAÑA 2Mércores 1 de xulloESPAÑA 4 - ISLANDIA 0Sábado 4 de xullo17:00: ESPAÑA - AUSTRIA, no Bilino Polje StadiumOs dous primeiros de grupo clasifícanse para as semifinais.Lucía Rivas, ademais de internacional sub-16, proclamouse campioa de Europa sub-17.Debutou co Deportivo ABANCA o 7 de xaneiro de 2024 no Dépor Training Center ante o CD Alba Fundación Femenino.Esta tempada Lucía Rivas xogou 14 partidos en Liga F, 5 deles como titular; e anotou 1 gol.En Segunda Federación co Deportivo ABANCA B, a canteirá estivo en 11 partidos, 8 deles como titular.Pola súa banda, Paula Redruello disputou na máxima categoría 14 partidos, 3 deles no once inicial.Co filial, a mediocentro asturiana, que acaba de renovar o seu contrato ata 2028 con posibilidade de ampliación, foi titular nos 14 partidos nos que estivo convocada; nos que marcou 1 gol.

Ximo Navarro seguirá no Dépor ata xuño de 2027

O Dépor viaxará a Hamburgo para medirse o 1 de agosto ao FC S...

Nike será o novo sponsor técnico do RC Deportivo a partir da ...

A RC Deportivo Fundación comparte o seu modelo de formación n...

Cedeira xa ten a punto a súa segunda edición do DéporCampus

AD Mérida - Fabril, primeiro partido en Primera Federación pa...