
DÉPOR · 1 XULLO 2026
DÉPOR E SD COMPOSTELA VENSE AS CARAS O SÁBADO 18 DE XULLO NO ESTADIO VERO BOQUETE NUN NOVO AMIGABLE DE PRETEMPORADA
O RC Deportivo continúa a completar o seu calendario de preparación para a temporada 2026-27 coa incorporación dun novo encontro amigable.O conxunto branquiazul medirase á SD Compostela, recentemente ascendida a Segunda Federación, o vindeiro sábado 18 de xullo, a partir das 20:00 horas, no Estadio Vero Boquete de Santiago de Compostela.Este compromiso permitirá continuar coa posta a punto de cara ao inicio da temporada oficial, nun partido ante un rival galego que afronta con ilusión o seu regreso a Segunda Federación.O encontro súmase ao calendario de amigables previsto para a pretemporada, co obxectivo de chegar nas mellores condicións ao comezo do curso en LaLiga EA Sports.O verán pasado, concretamente o 23 de xullo de 2025, ambos equipos tamén se viron as caras noutro amigable que rematou cun marcador de 0-5 para Os Nosos, con goles de Eddahchouri -2-, Bouldini, Rubén López e Cristian Herrera.Así pois, o calendario de partidos xa confirmados do Dépor nesta pretempada é o seguinte:SD Compostela - Deportivo, o sábado 18 de xullo ás 20:00 no Estadio Vero BoqueteReal Oviedo - Deportivo, o sábado 25 de xullo ás 19:30 no Estadio Carlos Tartiere (Oviedo)Deportivo - CD Lugo, o mércores 29 de xullo ás 19:30 en A Magdalena (Vilalba)FC St Pauli - Deportivo, o sábado 1 de agosto ás 18:30 no Millerntor Stadion (Hamburgo)ACF Fiorentina - Deportivo, o xoves 6 de agosto ás 20:00 no Stadio Curva Fiesole, na cidade deportiva da ACF FiorentinaGenoa CFC - Deportivo, o sábado 8 de agosto no Stadio Luigi Ferraris, en horario pendente de confirmación

O RC Deportivo condena os insultos e as presións dirixidos ao...

Ximo Navarro cre que "co paso dos partidos estaremos mellor"

Antonio Hidalgo admite que "esa falta de frescura penalizouno...

Lucía Pardo: "Demostramos a fame que temos, as ganas, a ilusi...

O Dépor suma un punto ante o Elche CF no seu regreso a LaLiga...

O RC Deportivo sorteará entre os seus abonados as entradas pa...