RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
A solidariedade deportivista voa cara a Venezuela

FUNDACIÓN · 2 XULLO 2026

A SOLIDARIEDADE DEPORTIVISTA VOA CARA A VENEZUELA

A axuda humanitaria recompilada pola RC Deportivo Fundación, en colaboración coa Hermandad Gallega de Venezuela, xa está camiño do país caribeño para chegar a quen máis o precisa.Non só se transporta mercadoría, tamén a esperanza, o apoio e a aperta de milleiros de persoas que decidiron tender a man cando máis se necesitaba.Este venres 3 de xullo, un avión especial pon rumbo a Venezuela cos arredor de 70.000 quilos de material humanitario reunidos grazas á extraordinaria resposta do deportivismo e de toda a cidadanía.Este mércores 1 de xullo, un total de 5 camións partiron desde ABANCA-RIAZOR con destino ao Aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barajas, onde a axuda está a ser preparada para o seu traslado definitivo.Todo comezou a pasada fin de semana, cando o Estadio ABANCA-RIAZOR deixou de ser unicamente o fogar do deportivismo para converterse nun inmenso símbolo de solidariedade.Durante dúas xornadas, milleiros de persoas responderon ao chamamento da Fundación cun xesto tan sinxelo como extraordinario: compartir o que tiñan para axudar a quen atravesa unha situación dramática tras os devastadores terremotos que afectaron a Venezuela.Familias, peñas, afeccionados, empresas, voluntarios e cidadáns anónimos fixeron posible unha resposta exemplar. Cada bolsa entregada, cada caixa cargada e cada doazón representaron moito máis que uns quilos de axuda: foron unha mostra de compromiso, empatía e humanidade.A campaña permitiu reunir roupa en bo estado, especialmente infantil, medicamentos e material básico de primeiros auxilios, cueiros para nenos e adultos, así como alimentos non perecedoiros. Recursos que, en apenas uns días, comezarán a chegar ás persoas que máis os necesitan.O RC Deportivo e a RC Deportivo Fundación queren agradecer fondamente a implicación de todas as persoas que fixeron posible esta iniciativa.O éxito desta campaña pertence a ANOSAFORZA, que volveu demostrar que o escudo tamén se defende lonxe do terreo de xogo.Hoxe eses 70.000 quilos de axuda viaxan cara a Venezuela, pero o que realmente cruza o océano é o corazón de milleiros de deportivistas.Unha vez máis, a familia branquiazul demostrou que a súa grandeza tamén se mide pola súa solidariedade.

venezuelacamion0702.jpg