
DÉPOR · 2 XULLO 2026
O RC DEPORTIVO E NIKE PRESENTAN A PRIMEIRA EQUIPACIÓN PARA A TEMPORADA 2026-27: UNHA NOVA ERA VESTIDA DE BLANQUIAZUL
O RC Deportivo presenta a súa primeira equipación para a temporada 2026-27, unha camiseta que marca o inicio dunha nova etapa en Primera División xunto a Nike, cun deseño pensado para representar o orgullo de todo o deportivismo.Será tamén a primeira pel na que o primeiro equipo luzca o escudo renovado do Club, que incorpora a adaptación da súa denominación ao topónimo oficial da cidade, A Coruña, reforzando así o vínculo entre a entidade e a súa terra. Ademais, o escudo preséntase bordado sobre a camiseta, achegando un acabado de maior calidade e realzando un dos principais símbolos da identidade deportivista.O deseño, definido polas inconfundibles raias verticais blanquiazules, preséntase co azul Dépor actualizado, en base á gama cromática da nova identidade recén presentada, e elegantes detalles en prateado tanto no Swoosh de Nike como nos diferentes acabados da peza. Así mesmo, o logotipo de Estrella Galicia intégrase de forma harmónica no deseño da camiseta, reforzando unha imaxe limpa e equilibrada.Como homenaxe a máis dun século de historia, paixón e sentimento compartido, a equipación incorpora unha etiqueta conmemorativa do 120.º aniversario do RC Deportivo. Este detalle intégrase nun deseño limpo e equilibrado, que pon o protagonismo nos elementos identitarios do Club e reforza o carácter conmemorativo da camiseta.Un lanzamento coa Torre de Hércules como escenarioO Club presentou a camiseta a través dunha peza audiovisual ambientada nun dos grandes símbolos da cidade, a Torre de Hércules. Nela, Miguel Loureiro, Eva Dios e Samu, representantes do Dépor, Dépor ABANCA e Dépor Fabril, protagonizan unha inesperada misión: infiltrarse no faro para anunciar ao mundo o comezo da alianza entre o RC Deportivo e Nike.A acción culmina cun xesto cargado de simbolismo. Os tres futbolistas «hackean» a luz da Torre de Hércules para emitir unha mensaxe en código morse que proxecta ao mundo a chegada da nova equipación e dunha nova etapa para o Club. Dende o faro máis antigo do mundo en funcionamento, a luz que durante séculos guiou a quen chegaba á costa galega convértese agora no primeiro gran altofalante da nova era blanquiazul.Porque, despois de 120 anos sen dar nada por sentado, o RC Deportivo segue a crer que a mellor forma de comezar unha tempada é desafiando o previsible.Con esta primeira equipación, Nike e o RC Deportivo inauguran un camiño compartido que mira ao futuro sen renunciar á identidade que acompañou o Club durante máis dun século. Unha camiseta para volver. Pero, sobre todo, para chegar máis lonxe.

Boiro non falta á súa cita cos DéporCampus

Daniela Caracas, talento, experiencia e ilusión para reforzar...

A solidariedade deportivista voa cara a Venezuela

Dépor e SD Compostela vense as caras o sábado 18 de xullo no ...

Lucía Rivas e Redru debutan no Europeo sub-19 na goleada por ...

Ximo Navarro seguirá no Dépor ata xuño de 2027