
DÉPOR ABANCA · 10 SETEMBRO 2026
O REAL MADRID CF, "UN RIVAL MOI COMPLEXO", MIDE A PROGRESIÓN DO DÉPOR ABANCA ESTE VENRES 11 ÁS 20:45 EN ABANCA-RIAZOR
Primeiro gran test da temporada para o Dépor ABANCA, que recibe este venres 11 de setembro en ABANCA-RIAZOR ao Real Madrid CF.O encontro arrancará ás 20:45 e será televisado por Dazn, Teledeporte e RTVE Play.Tras o empate ante o UD Costa Adeje Tenerife do pasado domingo, As Nosas suman 1 punto nas 2 primeiras xornadas.Alberto Rodríguez asegurou este xoves na sala de prensa do Dépor Training Center que o equipo chega "moi ben, con moitas ganas despois dese punto sufrido, despois de quedarmos con 10. O equipo soubo manexar esa situación de partido e iso refórzanos".As Nosas son conscientes, en palabras do seu técnico, de que o conxunto madridista "é un rival moi complexo, un dos mellores de Europa pero, desde o respecto, estamos coas máximas ganas de facerlle dano".Perden o encontro Eva Alonso por lesión; Carla Castyñeiras por sanción, ao ser expulsada a pasada fin de semana no Heliodoro Rodríguez López; ademais de Marisa e Ainoa Gómez, concentradas con España no Mundial sub-20.Alberto Rodríguez explica que Eva "está na segunda fase de recuperación desa lesión de nocello" e que Merle Barth "adestrou con normalidade esta semana. Fáltalle un punto de forma física, pero estamos contentas porque o equipo está a traballar case ao completo e iso, a nivel de calidade nas tarefas, dános moita máis marxe".

Pola súa banda, o Real Madrid CF ten 4 puntos, situado na 4ª posición.Até a data, o conxunto branco xogou os seus dous encontros na Ciudad Real Madrid, saldados cun triunfo ante o Atlético de Madrid e un empate ante a SD Eibar.Ambos os equipos se viron as caras esta pretemporada. Foi o pasado 16 de agosto na Ciudad Real Madrid. Lucía Pardo adiantou o Dépor ABANCA, pero as madridistas remontaron con dous tantos nos minutos 60 e 66.O seu técnico, Pau Marc Quesada, advirte de que as súas futbolistas van atopar este venres 11 un Dépor ABANCA "moi dinámico na súa casa, en ABANCA-RIAZOR. Desde o seu 4-3-3 intenta xogar".Así pois, vaticina un partido "máis aberto. Temos ganas de enfrontarnos porque vai ser un contexto distinto a todo o que atopamos até agora".Finalizado o encontro, As Nosas adestran de novo o sábado 12 de setembro ás 11:00 horas no Dépor Training Center.

Marisa García e Ainoa Gómez foron protagonistas na histórica ...

Os despachos de billetes do Palacio de los Deportes de Riazor...

Alberto Rodríguez cre que ANOSAFORZA ante o Real Madrid CF "v...

O Dépor acelera o traballo táctico co Coliseum de Getafe xa á...

Segundo partido do Mundial sub-20 para Marisa e Ainoa Gómez, ...

O San Tirso SD Infantil superou ao Real Oviedo no amigable qu...




