RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Marisa García e Ainoa Gómez foron protagonistas na histórica goleada de España ante Nueva Caledonia por 11-0 nun Mundial sub-20

DÉPOR ABANCA · 10 SETEMBRO 2026

MARISA GARCÍA E AINOA GÓMEZ FORON PROTAGONISTAS NA HISTÓRICA GOLEADA DE ESPAÑA ANTE NUEVA CALEDONIA POR 11-0 NUN MUNDIAL SUB-20

Marisa García e Ainoa Gómez participaron na goleada histórica (11-0) acadada por España ante Nueva Caledonia nun Mundial sub-20.A dianteira deportivista, ademais capitá, marcou 2 dos goles e disputou o encontro completo.Pola súa banda, Ainoa Gómez, co partido sentenciado, foi substituída no minuto 56 por Elena Gurtubay.Este resultado clasifica matematicamente as españolas para os oitavos de final.O combinado nacional concluirá a Primeira Fase do Mundial o domingo 13 de setembro ás 15:00 ante a República Popular China, que empatou ante Nixeria e queda con 4 puntos na 2ª posición.As dúas futbolistas do Dépor ABANCA comezaron o torneo o pasado luns 7 de setembro tamén no once inicial da selección fronte a Nixeria.Marisa foi a autora do primeiro gol de España neste Mundial, aos 13 minutos.O calendario de partidos, cos resultados dos xa disputados, do combinado nacional no Mundial é o seguinte:Luns 7 de setembroESPAÑA 2 - NIXERIA 0Xoves 10 de setembroESPAÑA 11 - NUEVA CALEDONIA 0Domingo 13 de setembro15:00: REPÚBLICA POPULAR CHINA - ESPAÑA, no Arena Sosnowiec de Sosnowiec