
DÉPOR ABANCA · 9 SETEMBRO 2026
SEGUNDO PARTIDO DO MUNDIAL SUB-20 PARA MARISA E AINOA GÓMEZ, ESTE XOVES 10 ANTE NUEVA CALEDONIA
Foto: RFEF.esMarisa García (na foto de pé, a sexta xogadora comezando pola dereita) e Ainoa Gómez (a terceira futbolista de pé comezando pola dereita) enfróntanse este xoves 10 de setembro ás 15:00 a Nova Caledonia no segundo partido do Campionato do Mundo sub-20.O equipo de Oceanía caeu por 5-0 no seu primeiro partido ante a República Popular China.As dúas futbolistas do Dépor ABANCA comezaron o torneo este luns 7 de setembro no once titular da selección española fronte a Nixeria.Marisa foi a autora do primeiro gol de España neste Mundial, aos 13 minutos, ao enviar á rede un gran centro de Bejarano.As dúas futbolistas branquiazuis foron substituídas no minuto 66 por Alba Cerrato e Celia Segura.O calendario de partidos, cos resultados dos xa disputados, do combinado nacional no Mundial é o seguinte:Luns 7 de setembroESPAÑA 2 - NIXERIA 0Xoves 10 de setembro15:00: ESPAÑA - NUEVA CALEDONIA, no Arena Sosnowiec de SosnowiecDomingo 13 de setembro15:00: REPÚBLICA POPULAR CHINA - ESPAÑA, no Arena Sosnowiec de SosnowiecOs dous primeiros e os 4 mellores terceiros pasan a dezaseisavos de final.

O San Tirso SD Infantil superou ao Real Oviedo no amigable qu...

Inês Pereira, sincera: "Namoreime da cidade, da xente, da afe...

Marc Casadó, na súa presentación: "Temos moitas ganas e unha ...

O Dépor prepárase para «sacar o seu xen competitivo para pode...

A UD Carral, primeiro rival do Orzán SD Xuvenil na Primera Au...

Calendario de partidos en ANOSACANTEIRA, con amigable do San ...