RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Entradas (gratuítas e obrigatorias para socios e socias) para o Xuvenil A - CD Tenerife do domingo 18 de maio ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR

CLUB · 12 MAIO 2025

ENTRADAS (GRATUÍTAS E OBRIGATORIAS PARA SOCIOS E SOCIAS) PARA O XUVENIL A - CD TENERIFE DO DOMINGO 18 DE MAIO ÁS 12:00 EN ABANCA-RIAZOR

O RC Deportivo activa o protocolo de apertura con rexistro de asistentes de ABANCA-RIAZOR para o partido deste domingo 18 de maio ás 12:00 entre o Xuvenil A e o CD Tenerife, correspondente á volta dos cuartos de final da Copa de Campións.Poden retirar a súa invitación (gratuíta e obrigatoria) e outra a maiores de acompañante, en principio para Tribuna Inferior, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web , na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.Tamén está habilitado simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 5 euros.