
DÉPOR ABANCA · 28 XUÑO 2026
ESPAÑA, CON LUCÍA RIVAS E REDRU NO BANCO, ARRINCA O EUROPEO SUB-19 DE BOSNIA CUN EMPATE FRONTE A SUÍZA
-Foto:@rfef.esLucia Rivas (na foto, na fila do medio, a primeira futbolista empezando pola esquerda) e Paula Redruello 'Redru' (sentada co dorsal 16) están concentradas coa selección española sub-19 con motivo da fase final do Campionato de Europa da categoría en Bosnia e Hercegovina.As canteirás non tiveron minutos de xogo no primeiro partido do torneo, este domingo 28 ante Suíza.O choque rematou en empate (2-2), polo que o combinado nacional suma 1 punto.A próxima cita será o mércores 1 de xullo ás 17:00 ante Islandia no Training Center da Federación Bosnia.O calendario de partidos de España, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Domingo 28 de xuñoSUIZA 2 - ESPAÑA 2Mércores 1 de xullo17:00: ESPAÑA - ISLANDIA, no Training Centre FFBHSábado 4 de xullo17:00: ESPAÑA - AUSTRIA, no Bilino Polje StadiumOs dous primeiros de grupo clasifícanse para as semifinais.Lucía Rivas, ademais de internacional sub-16, proclamouse campioa de Europa sub-17.Debutou co Deportivo ABANCA o 7 de xaneiro de 2024 no Dépor Training Center ante o CD Alba Fundación Femenino.Esta tempada Lucía Rivas xogou 14 partidos en Liga F, 5 deles como titular; e anotou 1 gol.En Segunda Federación co Deportivo ABANCA B, a canteirá estivo en 11 partidos, 8 deles como titular.Pola súa banda, Paula Redruello disputou na máxima categoría 14 partidos, 3 deles no once inicial.Co filial, a mediocentro asturiana, que acaba de renovar o seu contrato ata 2028 con posibilidade de ampliación, foi titular nos 14 partidos nos que estivo convocada; nos que marcou 1 gol.

Toneladas de solidariedade deportivista rumbo a Venezuela

O Dépor regresa o 29 de xullo a Vilalba para medirse ao CD Lu...

O RC Deportivo e Futcor reforzan o seu compromiso co fútbol b...

O Dépor ABANCA Cadete e o Dépor ABANCA Infantil quedaron elim...

ABANCA-RIAZOR énchese de solidariedade por Venezuela

O Dépor ABANCA Cadete e o Dépor ABANCA Infantil disputan este...