RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Toneladas de solidariedade deportivista rumbo a Venezuela

FUNDACIÓN · 28 XUÑO 2026

TONELADAS DE SOLIDARIEDADE DEPORTIVISTA RUMBO A VENEZUELA

Hai vitorias que non aparecen nun marcador, pero permanecen para sempre na memoria.Este fin de semana, ANOSAFORZA volveu demostrar que a súa maior fortaleza non só reside na bancada, senón tamén na súa enorme capacidade para axudar.A campaña de recollida de material humanitario para Venezuela, impulsada pola RC Deportivo Fundación en colaboración coa Hermandad Gallega de Venezuela, concluíu este domingo 28 tras dúas intensas xornadas nas que o Estadio ABANCA-RIAZOR se transformou nun inmenso punto de encontro para a solidariedade.Dende primeira hora do sábado, milleiros de persoas responderon á chamada da Fundación cun xesto sinxelo, pero dun valor incalculable: compartir o que tiñan para aliviar o sufrimento de quen máis o precisa.Familias, peñas, afeccionados, empresas e cidadáns anónimos foron enchendo o punto de recollida de esperanza, demostrando, unha vez máis, que o deportivismo é moito máis ca un sentimento deportivo.A campaña permitiu reunir roupa en bo estado, medicamentos e material básico de primeiros auxilios, cueiros para nenos e adultos, así como alimentos non perecedoiros, todo iso destinado ás persoas afectadas polos devastadores terremotos que golpearon Venezuela.

venezuela30628.jpg

Á espera do reconto definitivo, que se completará este luns 29, a RC Deportivo Fundación estima que se recolleron arredor de 70.000 quilos de axuda humanitaria, unha cifra que reflicte a extraordinaria implicación do deportivismo e da Coruña.Pero máis alá dos números, o verdadeiro valor desta iniciativa reside en cada xesto de xenerosidade. En cada bolsa entregada, en cada caixa cargada de ilusión e en cada persoa que decidiu dedicar uns minutos do seu tempo para tender a man a quen atravesa momentos de enorme dificultade.Cada doazón leva consigo unha mensaxe de proximidade, de apoio e de esperanza.O RC Deportivo e a RC Deportivo Fundación queren expresar o seu máis profundo agradecemento a todas as persoas, entidades e voluntarios que fixeron posible este éxito colectivo. Sen o seu compromiso, esta resposta exemplar non tería sido posible.Unha vez máis, o deportivismo demostrou que as súas cores tamén se defenden con solidariedade. Hai ocasións nas que o escudo non só une unha afección: une toda unha sociedade arredor dun mesmo propósito.

venezuela20628.jpg