RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O RC Deportivo e Futcor reforzan o seu compromiso co fútbol base coruñés

CANTERA · 28 XUÑO 2026

O RC DEPORTIVO E FUTCOR REFORZAN O SEU COMPROMISO CO FÚTBOL BASE CORUÑÉS

O RC Deportivo e Futcor, a Asociación do Fútbol Coruñés, asinaron este venres 26 de xuño un convenio de colaboración que fortalece os lazos entre ambas entidades e reafirma a súa aposta conxunta polo desenvolvemento e a formación do fútbol base na Coruña.O acto tivo lugar no Dépor Training Center e supón un novo paso no compromiso do Club co crecemento do fútbol formativo e o traballo coordinado coas entidades deportivas da contorna.Futcor está integrada polos clubs Atlético Coruña Montañeros CF, Batallador CF, Orzán SD e Rosalía Mera CF, que, a través deste acordo, continuarán colaborando co RC Deportivo en iniciativas dirixidas a impulsar o talento, a formación e a promoción dos valores que representa o deporte.O convenio terá unha duración inicial dunha temporada, con renovación automática ano a ano, o que permitirá dar continuidade a un proxecto baseado na confianza mutua e no obxectivo compartido de seguir fortalecendo o fútbol base coruñés.Con este acordo, o RC Deportivo reafirma a súa vontade de seguir estreitando a colaboración cos clubs da súa contorna, convencido de que o traballo conxunto constitúe unha ferramenta fundamental para o crecemento dos xogadores e xogadoras máis novos e para o desenvolvemento do fútbol na cidade e na súa área de influencia.Ao acto protocolario da sinatura asistiron Ángel Garmendia Díaz, presidente de Futcor; Eliseo Fernández Amado, vicepresidente de Futcor e directivo do Atlético Coruña Montañeros CF; Pablo del Val, presidente do Batallador CF; e Fernando Tablada Mella, presidente do Orzán SD e vogal de Futcor.Ángel Garmendia manifestou que "Futcor é unha nova asociación de fútbol afeccionado na Coruña" e confesou estar "moi contentos e satisfeitos de poder unir todo o noso esforzo e ilusión ao Real Club Deportivo".Cre que este convenio "é unha aposta moi importante polo fútbol afeccionado. O RC Deportivo recolle a sensibilidade de moitos xogadores e afeccionados nesta cidade e vainos axudar a nós a medrar por todo o talento que ten o Club".Recalca neste sentido que "nos pode axudar a mellorar tanto aos nosos xogadores como aos nosos adestradores".Conclúe que o RC Deportivo "estreita os lazos de unión coa cidade e coa afección porque aí nace a semente do que é o espírito do Deportivo".Pola súa banda, Pablo del Val, ex xogador de ANOSACANTEIRA e presidente do Batallador CF, opina que é "un día para celebrar, para estar súper contentos".Subliña que "para o noso pequeno club é unha alegría poder asinar este convenio co Deportivo grazas a Futcor polo labor social que facemos. Temos moitos nenos con problemas, moita xente con dificultades pero que pode xogar ao fútbol cos demais compañeiros".Pablo del Val agradécelle ao Deportivo "por darnos a posibilidade non só de formar xogadores senón de facer un labor social"."Para o Batallador CF é o mellor que nos podía pasar polo reflexo do equipo cara á Coruña. Os nosos nenos son todos deportivistas e poder asinar un convenio co mellor club da Coruña fai que a xente humilde, de barrio, vexa que se pode chegar", engadiu.Ve co Dépor Training Center "un cambio abismal. Non ten nada que ver cando estaba eu, que só había xuvenil cara arriba. O traballo que se está a facer coa canteira, os medios que se están a poñer e os profesionais que traballan cos nenos supoñen un cambio abismal".Finalmente, Ismael Arilla, Director de Fútbol Formativo do RC Deportivo, afirma que este convenio de colaboración supón ""por unha banda reafirmar o noso compromiso co fútbol base da Coruña sobre todo no seu fomento de valores do deporte, máis cara á cantidade que cara á calidade. E doutra banda supón acabar de completar que todo o fútbol afeccionado coruñés teña convenio co Dépor, e que poidamos dotar de mellores recursos no proceso de aprendizaxe".

futcor20628.jpg