
DÉPOR ABANCA · 5 MARZO 2026
ESPE PIZARRO MARCOU UN GOL NO PRIMEIRO AMIGABLE DE URUGUAI EN ECUADOR
-Foto:Esperanza Pizarro está concentrada coa selección de Uruguai para dous partidos amigables fronte a Ecuador.Ambos os encontros serven de preparación para as eliminatorias de clasificación do Campionato do Mundo de 2027 do mes de abril ante Perú, Bolivia e Chile.O primeiro deles foi este pasado mércores 4 de marzo ás 17:00 no Estadio Chubb Area de Quito.A dianteira do Dépor ABANCA foi titular e aos 4 minutos de xogo anotou o primeiro tanto do partido.O choque foi para Uruguai por 2-3.Ambos os equipos enfróntanse de novo o sábado 7 de marzo ás 14:15 (hora local, 18:15 en Galicia) no mesmo escenario, o Estadio Chubb Arena de Quito.O calendario de partidos de Espe Pizarro nesta xanela FIFA é o seguinte:Mércores 4 de marzoECUADOR 2 - URUGUAI 3Sábado 7 de marzo14:15 (hora local, 18:15 hora galega): ECUADOR - URUGUAI, no Estadio Chubb Arena de QuitoEspe Pizarro, na súa primeira temporada no Dépor ABANCA, leva até a data 10 partidos xogados en Liga F, 9 deles como titular, con 5 goles.

Antonio Hidalgo presume de "un gran cadro, moi comprometido" ...

Dépor Dixital 2026 convértese nun punto de encontro entre dep...

O Dépor, "con todo o mundo preparado para participar", arrinc...

Os cadetes Raúl Lema e Iago Varela, convocados para uns adest...

Espe Pizarro: "Podemos xogar con esa tranquilidade de que a c...

Adrià Altimira pide afrontar os últimos 5 partidos "cada un c...