
DÉPOR · 29 MAIO 2025
HUGO RAMA ADÉSTRASE CO GRUPO MENTRES QUE EDDAHCHOURI E DANI BARCIA AVANZAN NA SÚA RECUPERACIÓN
Hugo Rama adestrouse esta mañá co grupo e puido mesmo participar no partido a tres cuartas partes do campo 1 co que Óscar Gilsanz continúa a preparación do partido deste domingo 1 de xuño ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion) en ABANCA-RIAZOR ante o Elche CF.Con dúas sesións (a de mañá venres 30 e o sábado 31 ás 11:00 en Abegondo) aínda por diante, os Servizos Médicos do RC Deportivo agardarán á súa evolución para saber se o canteirán está en condicións de competir.Así mesmo, Zakaria Eddahchouri e Dani Barcia comezaron a súa incorporación aos adestramentos ao facer tarefas co resto dos seus compañeiros, como a activación con rondos e un exercicio de finalizacións.Así pois, ambos os futbolistas tamén entran na recta final da súa recuperación.Alberto, Guerrero, Kevin Sánchez e Jaime Garrido representaron a #ANOSACANTEIRA.


O Alevín A, o Benxamín A e o Fabril FC Alevín brillan na gala...

Pleno de triunfos do Dépor ABANCA Cadete e Dépor ABANCA Infan...

O DéporCampus de Santa María del Mar preséntase coas súas pra...

As Dépor Escolas Feiraco poñen o broche ao curso 2025-26

Rubén Prol confesa que "para min foi unha responsabilidade en...

Lucía Rivas amplía a súa vinculación co RC Deportivo ata 2028